Escoitar
Anuncio Mobilidade e Seguridade

Convocatoria do examen de obtención do permiso municipal de conducir de autotaxis

<br />

venres, 23 mar 2007
Ponse en coñecemento de todas as persoas interesadas en tomar parte nos exames para a obtención do permiso municipal de condutor de autoaxis, que deberán presentar a solicitude xunto coa documentación esixida na vixente Ordenanza municipal reguladora do Servizo, até o día 3 de abril dos correntes. Teranse en conta soamente as solicitudes entregadas a partir do 22 de febreiro de 2007, incluído.

Así mesmo, aquelas persoas que presentaron a solicitude con anterioridade e que teñan caducado o certificado médico (considérase caducado se pasaron máis de tres meses dende a súa data de expedición), ou que non o presentasen, deberán facer entrega dun novo certificado nas oficinas da área, antes do citado día.

As probas realizaranse nos días e nos horarios establecidos seguidamente, na Casa do Concello. Os solicitantes comparecerán provistos de bolígrafo, DNI e carné de conducir.

DIA 18 DE ABRIL DE 2007
-Ás 9 horas, solicitantes cuxo primeiro apelido estea entre o A-G, ambos os dous inclusive.
-Ás 11 horas, solicitantes cuxo primeiro apelido estea entre o H-Z, ambos os dous inclusive.

O Tribunal está composto por:
. Presidente:Antonio Coello Bufill
. Secretaria:Carmen Pintado García
. Vogal:Ramón Fernández-Linares Bouza