Escoitar
Guitarrista, compositor e cantante

Ziggy Marley clausura a VII edición do festival Para Vigo Me Voy

O fillo do desaparecido Bob Marley, Ziggy Marley, pecha o festival Para Vigo Me Voy 2006 no Auditorio de Castrelos o 25 de xullo ás 23.00. O cantante é unha das figuras máis representativas do reagge e da música latina. Neste concerto actuará como artista invitado o vigués, Puto Coke.

luns, 24 xul 2006
1153480763ziggymarley.jpg
Ziggy Marley
Ziggy convertiuse no heredeiro natural do "trono do reagge" coa morte do seu pai. Levou acabo a mesma labor humanitaria e fixo seus os temas "Could you be love?" e "No woman don’t cry". A súa carreira musical comezou co liderato da banda Melody Makers, coa que en 1988 lanzou o seu primer éxito "Conscious Party". A súa última entrega "Ziggy Marley & the Melody Makers Live Vol.1", é un álbum en directo, e "Gragonfly" en 2003.

Actualmente o cantante, guitarrista e compositor creou o seu propio selo discográfico "Ghetto Youth United" e continúa volcado en actividades humanitarias, actividades que fixeron que o nomearan "Embajador Joven de las Naciones Unidas".

Puto Coke

O Puto Coke é un cantante vigués de 26 anos que leva nove no panorama de rap español e ten máis de cinco discos ás costas. Seu último traballo é "Los lunes al soul", que distribúese gratuitamente dende a súa páxina web.

As entradas poden adquirirse a un prezo único de 6 euros na taquilla electrónica 902 504 500, en www.caixanova.es, na Central de espectáculos ou día do concerto na taquilla do Auditorio de Castrelos.

1153480763ziggymarley.jpg
1153480816ziggymarleyrueda.jpg
1153482515coke.jpg
Descargar todas as imaxes