O MARCO ofrece 5.000 euros ao gañador do concurso para comisarios novos
A Fundación MARCO, do Museo de Arte Contemporánea de Vigo, vén de convocar un concurso para a realización, entre xullo e setembro do ano que vén, dun proxecto expositivo a cargo dun comisario nobel. O comisario do proxecto gañador recibirá 5.000 euros.
Poden presentarse ao concurso os comisarios nados a partir do ano 1968, inclusive. Se a proposta é autoría dun colectivo, deberase nomear un representante que actuará de mediador coa Fundación MARCO.
Os comisarios non poderán participar en calidade de artistas. Ademais, os proxectos que concorran deberán ser inéditos, contemplar a participación de dous ou máis artistas contemporáneos e non se poderá presentar máis dun proxecto por autor.
O prazo para presentar proxectos acaba o 20 de outubro. Xunto co dossier completo do proxecto, os concursantes deberán presentar o formulario de inscrición debidamente cumprimentado, o seu currículum vitae e unha fotocopia do seu DNI ou pasaporte.
Un xurado composto por profesionais do mundo da arte seleccionará e fará público no mes de novembro o proxecto gañador e dous finalistas. A decisión do xurado será inapelable e, se este o estima oportuno, o premio poderá ser declarado deserto. Os criterios de valoración das propostas terán en conta a calidade e a adecuación ás características do primeiro andar do MARCO, lugar onde se levará a cabo a exposición.
Para obter máis información, os interesados poden dirixirse ao Museo MARCO por correo electrónico (info@marcovigo.com), por teléfono (986 11 39 00) ou por fax (986 11 39 01).