Castrelos prepárase para o concerto de Franz Ferdinand
Franz Ferdinand ofrece mañá xoves en Castrelos un dos tres concertos que ten programados para este verán en España. Esta banda, creada en Glasgow en 2001, é unha das principais referencias da música británica desde a publicación do seu disco homónimo en 2004. Completarán o concerto as actuacións de Delorean e Femme Fatale.
Co seu segundo CD, Franz Ferdinand entrou directamente ao número un no Reino Unido e ao oito nos Estados Unidos. En España, os seus discos foron elixidos entre os mellores de 2004 e 2005 polas principais revistas especializadas.
Cuarteto formado por Alex (voz e guitarra), Nick (guitarra, teclados e voz), Bob (baixo) e Paul (batería) inscríbese na tradición inglesa de bandas xurdidas das Escolas de Arte, alimentando o seu son da fonte de ideas que foi o período post-punk, máis precisamente de bandas de post-punk "artys" escocesas. As referencias a Talking Heads, The Fall, Gang of Four e Orange Juice, entre outros, aparecen inmediatamente.
Franz Ferdinand chega no momento xusto, un momento en que conviven dúas tendencias ben diferenciadas: o revival do rock, levado a cabo polos mass media, e o revival do post punk, defendido polas publicacións musicais especializadas de medio mundo. Franz Ferdinand ocupa un lugar entre estas dúas correntes. Porque, se ben bebe das fontes do post punk inglés, ten un compoñente importante de rock, cancións, imaxe e xuventude, que os pode facer chegar ao fan dos Strokes ou dos White Stripes.
Calcúlase en 20.000 o número de persoas que asistirán a este concerto, que forma parte do programa das Festas do Cristo 2006. Espérase que entre o público haxa xente de fóra, como os británicos que virán do Reino Unido ou os que están de vacacións cerca de Vigo. Traer a Franz Ferdinand a Castrelos supón un gasto de 239.000 euros por parte do Concello.
Este verán, Franz Ferdinand soamente ten programados outros dous concertos en España (un xa realizado, no Metro Rock de Madrid), e o outro no FIB Heineken de Benicassim (22 de xullo). A actuación de Vigo é a única das tres que a banda dará de xeito individual, o que explica o enorme interese que está a suscitar.
Delorean e Femme Fatale
Delorean é unha banda formada en Zarautz (Guipúscoa) no ano 2000 por Tomás Palomo (guitarra e teclados), Ekhi Lopetegui (baixo e voces), Unai Lazkano (guitarra e teclados) e Igor Escudero (batería). Nacen como grupo pop, pero axiña o seu amor polos sintetizadores levaraos a percorrer novos camiños.
Rodeados dun halo de perigo e misterio, Femme Fatale consagráronse en España co seu segundo disco, Femme Fatale, cheo de electro rock e electrónica escura e sexy, que lembra a Goldfrapp ou mesmo a Depeche Mode.
Entradas
As entradas están á venda na Central de Espectáculos de Vigo, na rúa Velázquez Moreno 26, baixo, e a través de Internet na web de Caixanova, www.servinova.com ou www.caixanova.es. O prezo das entradas é de 12 euros, en venda anticipada, e de 15 en despacho.
Descargar todas as imaxes