Escoitar
Actividades Infantís do Cristo da Victoria 2006

Nenos e "Pompas de Xabón"

A maxia, o circo, os globos, os piratas, as pompas de xabón… son só algúns dos mellores soños dos máis pequenos. Soños que poden facerse realidade nun espazo no que os rapaces poidan relacionarse libremente entre eles, rodeados de valores democráticos e cooperativos de tolerancia, solidaridade e igualdade para a convivencia e a comunicación interpersonal.

mércores, 19 xul 2006
1153309710Vigoveran.jpg
V3: Vigo, Verán e Valores
Este verán a Concellaría de Festas e Animación Sociocultural organiza "V3: Vigo, Verán e Valores", unha campaña dirixida os máis cativos da casa. O programa consta dun amplo calendario de actividades que desenvolverán a educación ambiental e a educación para a cooperación, dende o día 17 ata o 30 de xullo en diferentes localizacións da cidade, Montero Ríos, Coia, O Calvario e Bouzas.

"V3: Vigo, Verán e Valores" é unha oferta integral de actividades educativas e lúdicas no tempo libre ao colectivo de rapaciños da comunidade viguesa. Se pretende crear un espazo libre no que os pequenos poidan relacionarse nun ambiente cheo de valores democraticos, nos que se aune a tolerancia, a solidaridade e a igualdade para unha adecuada convivencia e comunicación interpersonal.

No proxecto participan distintas compañías e fundacións adicadas a educación infantil. A "Fundación Igualarte" realizará distintos obradoiros para concienciar os rapaces na ecoloxía, ensinandoós a diferenciar os distintos materiais de reciclaxe e participando con eles de xogos experimentais. A maxia e os piratas van de conta de "Troula de Animación", mentres a compañía "Creaciones Leal" mostraralle os nenos a escola do circo. E para rematar, "Rivel Animación" divertindo con globos e pompas xigantes de xabón.

Todas as actividades comezarán as 17.30 da tarde nas disferentes localizacións da cidade: Montero Ríos, Praza do Mestre D. Prudencio Rodríguez en Coia, Muralla Mallo en O Calvario, e no Parque da Riaouxa e na Alameda de Suárez Llanos en Bouzas.





Descargar todas as imaxes