Nace o Gestibérica Vigo para ser o referente do baloncesto masculino vigués
Vigo contará a próxima temporada cun equipo de baloncesto profesional masculino, o Gestibérica Vigo, que xogará na liga LEB-2. O club nace co obxectivo de ofrecer o mellor baloncesto aos afeccionados e converterse nun referente para os máis novos.
Despois dos éxitos colleitados polo baloncesto feminino vigués, na cidade seguía habendo un oco no que se refire á categoría masculina. Juan Manuel Vieites, como presidente, e Alberto Abalde e Julio Bernárdez como directores deportivos, decidiron cambiar esta situación poñendo en marcha o Gestibérica Vigo, un club ao que queren dotar dunha imaxe sólida para crear afección na cidade.
Con este fin, o Gestibérica Vigo apoiará o baloncesto desde a súa base nos colexios. Neste sentido, Alberto Abalde anunciou onte luns, durante a presentación en sociedade do club, que a canteira será un piar fundamental e que haberá promesas viguesas que farán a pretemporada co primeiro equipo. "Hai dúas décadas que non sae de Vigo un xogador importante", sinalou Abalde, "e isto pode deberse a que houbo varios intentos de xogar na elite que quedaron en nada. Esperemos que o noso sexa o empurrón definitivo".
O Gestibérica Vigo foi apoiado na súa presentación polo alcalde accidental, José Manuel Figueroa, o director xeral para o Deporte, Santiago Domínguez, o presidente da Federación Viguesa de Baloncesto, Alberto Zato, e José Conde, presidente de Gestibérica, o patrocinador principal do "Ciudad de Vigo Básquet".
O adestrador do Gestibérica no seu debut será Miguel Ángel Ortega, quen se mostra prudente, xa que o equipo aínda está por facer. Ortega cre que "debemos asentarnos na LEB-2, ir pouco a pouco". O adestrador considera "moi atractiva" esta categoría porque "xa dispós de dous xogadores non comunitarios, o espectáculo gaña e o público vaino agradecer".
Polo de agora o club ten fichados o pívot Miguel Ángel Beltrán (Huelva, 1981) e o escolta David Navarro (Barcelona, 1983). André Tarner figura na axenda da directiva como o americano de referencia do cinco inicial. O núcleo do equipo podería estar confirmado en dúas semanas, segundo anunciou Miguel Ángel Ortega.
O Gestibérica Vigo é a quinta experiencia viguesa no baloncesto masculina tras Porcelanas Santa Clara en 1ªB (80/81), Galeones Celta en 1ª (87/88), Cíes en EBA (95/96) e Helios Zorka (02/03).
A liga LEB-2 é unha competición de ámbito estatal, consistente nunha liga aberta de todos contra todos na que participan 18 equipos. Deles, dous ascenden á liga LEB e outros dous descenden á EBA. Os cinco primeiros clasificados da liga loitan polo título nos Playoffs, mentres o penúltimo e o antepenúltimo xogan Playoff de descenso. Os clubes, que deben pagar un canon de 25.000 euros pola súa inscrición na liga, deben contar cun pavillón con aforo mínimo para 2.000 espectadores.
Descargar todas as imaxes