Benestar Social propón o procedemento de selección do equipo técnico para o Plan Local sobre Drogodependencias
A Xunta de Goberno Local debatiu a mañá do luns a creación da Oficina técnica, tal e como se expuso o día 12 de xuño de 2006 na aprobación do Plan Local sobre Drogodependencias 2006-2008, e a posta en marcha da selección do equipo técnico que formará parte da oficina.
O Concello establecerá no período 2006-2008 unha oficina técnica que cumpra unhas liñas estratéxicas, obxetivos e accións no eido da asistencia, prevención e incorporación social de cara as persoas drogodependentes e con outros problemas de adicción.
A Oficina técnica deberá estar dotada, al menos, por dous técnicos, un superior e outro medio, encargados de dar cobertura profesional o plan. O Servizo municipal de Desenvolvemento local e emprego xunto co Director de CEDRO (Centro de Información e Educación para a Prevención do Abuso de Drogas) elaboraron as bases do procedemento de selección que permita a contratación dos candidatos máis axeitados a cada posto.
O Plan Local sobre Drogodependencias contará cun financiamento anual de 45.388, unha partida que este no 2006 rediucirase ós 20.005 euros, unha cifra que cubrirá os gastos dos catro últimos meses deste ano.