Escoitar

Corina Porro recibe a alpinista viguesa Chus Lago, primeira muller que coroa a montaña máis alta da Antártida

A alpinista viguesa Chus Lago foi recibida este mediodía no Concello pola alcaldesa da cidade, Corina Porro. Chus Lago conversou con Corina Porro sobre a súa recente expedición á Antártida, que culminou coa coroación do cume do Monte Vinson, de 5.144 metros de altura.

xoves, 13 xan 2005
1105622667chus.jpg
A alcaldesa, Corina Porro, recibiu este mediodía no Concello a alpinista viguesa Chus Lago, que acaba de regresar da Antártida despois de coroar o 24 de decembro o cume máis alto dese continente, o Monte Vinson, de 5.144 metros de altura.

Chus Lago conversou con Corina Porro sobre a súa expedición antártica e sobre os seus proxectos para o futuro, que inclúen unha expedición ao Polo Sur precedida dun período de preparación en Grenlandia.

A alpinista viguesa, que celebrou o seu aniversario a 30 graos baixo cero, é a primeira muller que ascende o Monte Vinson, un "inhóspito" cume xeado, como ela mesma o cualificou.

Chus Lago foi a terceira muller no mundo e a primeira alpinista española que subiu o Everest sen osíxeno. Ademais, logrou o pasado verán o título de Leopardo das Neves tras coroar os cinco cumes máis importantes da antiga Unión Soviética: Lenin, Khan Tengri, Pobeda, Korgenevskaia e Somoni ou Pico Comunismo.
Descargar todas as imaxes