Turismo de Vigo participa a partir do 15 de xaneiro no salón náutico de Düsseldorf
Turismo de Vigo promocionará a cidade como destino turístico a partir do 15 de xaneiro no salón náutico de Düsseldorf, cun stand propio no pavillón de Turespaña. Ademais, Turismo de Vigo dará a coñecer o programa gratuíto "Vigo a vela", co que pretende fomentar esta actividade.
Turismo de Vigo promocionará dende o día 15 e ata o vindeiro día 23
de xaneiro a cidade de Vigo como destino turístico nun dos salóns náuticos máis importantes do mundo, que se celebra en Düsseldorf, no Parque de Exposicións "Messe".
A cidade promocionarase neste foro co obxecto de dar a coñecer os numerosos recursos turísticos que a cidade ten vencellados ó mundo do mar e da náutica. Vigo estará presente co seu stand de tres metros cadrados baixo o Pavillón de Turespaña, que conta cun espacio de 90 metros cadrados. Estarán tamén presentes no stand de Turespaña: Puertos Deportivos de Cataluña, Principado de Asturias, Puertos de Andalucía, Turgalicia, Islas Baleares – Ibatur e Turespaña.
O Salón Náutico de Düsseldorf é un salón monográfico, dedicado a temas náuticos, de carácter profesional, que na súa edición de 2004 ocupou unha superficie de 215.000 metros cadrados, con 1.200 expositores e 320.000 visitantes.
Ademais darase a coñecer o programa gratuíto de fomento da vela, auspiciado por Turismo de Vigo, "Vigo a vela". Este programa foi posto en marcha por Turismo de Vigo no mes de outubro na Estación Náutica da praia do Vao. Todas aquelas persoas que saiban navegar poderán participar en seis embarcacións Hobbie Cat 15, propiedade da Estación Náutica, en competicións que se desenvolverán todos os últimos sábados de cada mes, ata que se celebre a Volvo Ocean Race o ano próximo.
O programa pon a disposición dos usuarios as embarcacións e os equipos, xa que o único requisito que se lle pide aos participantes é a suscrición de licencia federativa. Esta iniciativa, que comezou o pasado 30 de outubro, está resultando un auténtico éxito, xa que cada sábado de competición se están a reunir máis de cen persoas para participar nas competicións. O último sábado, 27 de novembro, reuníronse no Vao 37 tripulacións, formadas por dúas persoas cada unha, na que participaron incluso catro embarcacións portuguesas.
Os interesados en participar nestas competicións poden inscribirse en calquera momento, xa que os sistema de competición permite 4 descartes, dando a posibilidade a non participar en todas e cada unha das 12 mangas do programa e, aínda así, ter opcións de triunfo. Os gañadores desta longa competición serán dados a coñecer en Outubro de 2005.
A Concellería de Turismo está a traballar agora no programa "Vigo a vela" infantil, que consistirá en competicións de windsurf para os máis pequenos. Este programa pretende fomentar a navegación na ría de Vigo durante todo o ano, xa que as condicións do noso mar así o permiten, e iniciar os máis pequenos no coñecemento dun medio que forma parte da identidade da cidade.