O alcalde entrega o novo material para 38 escolas deportivas da cidade
Abel Caballero asegurou este mércores, no acto de entrega no Pavillón das Travesas dos equipamentos e o material deportivo a 38 escolas deportivas de Vigo, que o Concello continuará na senda trazada nos últimos anos de aumentar a dotación económica para a práctica do deporte. " O próximo ano aumentaremos orzamento un 25 por cento e ao seguinte outro 25 por cento . Cada vez temos qur ir cubrindo máis deporte", afirmou o alcalde ao incidir en que "o deporte vertebra Vigo, por iso a nosa vocación e dedicación".
