A Vigo Cup 2025 disputarase do 13 ao 29 de xuño
Abel Caballero anunciou que, como novidade, “este ano, iniciamos o torneo de fútbol en venres e prolongase dez días”.

O Concello de Vigo xa se encontra no proceso de preparación da nova edición da Vigo Cup, que se celebrará do 13 ao 29 de xuño en dúas fases: o fútbol sala, de 13 a 22 de xuño, e o fútbol 7 e fútbol 11, do 23 ao 29 de xuño.
Abel Caballero anunciou que, como novidade, “este ano, iniciamos o torneo de fútbol en venres e prolongase dez días”, aumentando a duración, que noutras edicións era dunha semana. Navia será o epicentro dos partidos decisivos de fútbol 7 e 11, pero tamén haberá partidos noutros 12 de campos municipais. No caso do fútbol sala, os encontros disputaranse en 6 pavillóns en diferentes espazos da cidade.
A previsión é que a Vigo Cup 2025 conte con 60 clubs, que presentarán 300 equipos entre fútbol 11, fútbol 7 e fútbol sala e uns 5.000 participantes. Como é habitual, a inscrición será de balde para todas as entidades. O alcalde finalizou explicando que “non hai ningún outro evento en España que reúna as tres modalidades de fútbol e con tantas categorías ao mesmo tempo”