Escoitar

Caballero esixe o cese inmediato de Diego Calvo por atribuír a exclusión de Vigo do Mundial á “ausencia de influencia do goberno local”

O alcalde fixo pública esta mañá una misiva do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, na que atribúe a non elección de Vigo como sede do Mundial á “ausencia de influencia do goberno local”. Trátase dunha frase “intolerable e inadmisible” porque a elección dos distintos emprazamentos debería estar baseada en criterios obxectivos, seguindo a convocatoria pública.

mércores, 26 feb 2025

Abel Caballero respondeu esta mañá á carta do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, sobre a exclusión de Vigo como sede do Mundial de fútbol 2030. O alcalde criticou que, entre os motivos esgrimidos polo responsable autonómico, está o da “ausencia de influencia” do goberno local ao afirmar literalmente: "Sentimos que as posibles carencias que puidese ter a proposta olívica, xunto coa ausencia de influencia do Goberno local, non permitisen a Vigo pasar o corte". Esta frase é “intolerable” e “inadmisible”, censurou o rexedor “porque está dicindo que a Vigo no se lle adxudica a sede do Mundial por ausencia de influencia. Está falando de que as sedes se adxudicaron polas influencias que os gobernos das cidades puidera ter?», preguntou Caballero.

A este respecto, o alcalde sinalou que “a selección das sedes del Mundial viron precedidas dunha convocatoria pública dunhas bases e as candidaturas presentadas terían que ter sido seleccionadas en base aos méritos de acordo cos criterios deses pregos. “Ten que haber unha valoración obxectiva segundo as bases das convocatorias e non dependendo das influencias que poidera ter cada goberno local de cada unha das cidades”, subliñou.

En opinión de Caballero, a afirmación de Calvo supón “subxectividade, aleatoriedade e, seguramente, algo moito máis grave”. Por este motivo, esixiu o cese inmediato do conselleiro “sabe que se adxudicaron co criterio da influencia?”, preguntou. Con esta aseveración “que vai en contra de Vigo dunha forma inadmisible”, ten que cesar de forma inmediata, engadiu.

Caballero insistiu en que Vigo presentou un proxecto sólido e esixiu de novo a publicidade das puntuacións de cada candidatura porque “queremos transparencia”.

Descargar todas as imaxes