O servicio de Bombeiros dispón dun novo camión escaleira
A Concellería de Tráfico, Seguridade e Transportes mercou un camión de bombeiros que dispón dunha escaleira que pode elevarse 33 metros, o que contribuirá a mellorar o servicio do corpo de Bombeiros. O investimento foi de 600.000 euros.
Este camión, o máis moderno dos que existen no mercado, substituirá ao que estaba en servicio, un vehículo que pola súa antigüidade non podía ofrecer todas as prestacións esixibles.
A empresa Rosembauer Española S.A. foi a que subministrou a autoescaleira, un vehículo de 280 c.v. cunha escaleira móbil que pode inclinarse con ángulos de +76 e –23 graos e estenderse ata 33 metros.
O vehículo ten unha garantía de catro anos e do seu mantemento se ocupará un equipo de seis técnicos que garanten unha resposta, en caso de avaría, de 8 horas.