Escoitar

Deportes recibe unha placa de honra da Real Federación Española de Tiro con Arco

A asemblea xeral da Real Federación Española de Tiro con Arco outorgoulle á Concellería de Deportes unha placa de honra polo apoio amosado a esta modalidade deportiva na cidade de Vigo.

xoves, 22 mai 2003
O acordo adoptouse na asemblea do 4 de maio despois de que os clubes de arqueiros vigueses propuxesen que se recoñecese o labor do concelleiro de Deportes, Santiago Domínguez.

Entre os aspectos destacados na concesión deste premio figura que, por vez primeira, se incluíron as clases de tiro con arco nas modalidades impartidas nas Escolas deportivas municipais.