Nova etapa de Grial, revista galega de cultura
Víctor Freixanes, director da editorial Galaxia, presentou a nova etapa de revista Grial que cumple corenta anos. Freixanes estivo acompañado por Henrique Monteagudo, con que comparte a dirección, por Francisco Fernández del Riego, Jaime Isla Couto e o polo concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe.
Grial leva corenta anos proporcionándolles ós lectores un foro de reflexión e análise sobre a realidade e a ficción literaria. Fundada en 1963 baixo a dirección de Ramón Piñeiro e Francisco Fernández del Riego, Grial encarou en 1989 unha nova etapa con Carlos Casares, que renovou daquela o seu deseño e incorporou novos enfoques a un novo equipo de redacción. Destas etapas, permanece Fernández del Riego e Xaime Isla Couto. Del Riego e Isla Couto son, tamén, os personaxes centrais da entrevista que inclúe a nova Grial, realizada polo propio Freixanes.
A revista presenta cambios no formato, incorpora a cor e ten unha periodicidade trimestral. Ademáis de pensamento incorpora temas de actualidade como é neste caso a traxedia do Prestige, do que se lle facilita ós lectores un amplo informe realizado, entre outros, por Ricardo Beiras, Carlos Duarte ou Alberte Meixide. Ampliouse tamén o Consello de Redacción da revista, con nomes como Xosé María Álvarez Cáccamo, César Portela, David Barro, Ramón Villares, Carlos Lema , Dolores Vilavedra, Xan Bouzada, Domingo Docampo, Carlos Fernández, Uxío Labarta, Alberto Meixide e Andrés Torres Queiruga.
A revista Grial apareceu por vez primeira en 1951, pero unha suspensión administrativa obrigouna a un prolongado silencio de máis de dez anos. Reapareceu en 1963 e desde entón non deixou de se publicar. O espírito universal que lle imprimiron os seus fundadores, servir de canle responsable da actividade cultural galega e facer de ponte para a incorporación da cultura universal a Galicia, segue a ser o mesmo que preside a elaboración da revista na actualidade. Despois de todo, esta publicación leva o nome dunha fermosa lenda que é patrimonio cultural de toda Europa, pero que está tamén presente na historia e na arte galegas. En Grial aparecen, xa que logo, traballos que obedecen ó dobre propósito de informar sobre a realidade de Galicia ó propio tempo que se informa e reflexiona sobre os máis diversos aspectos da cultura universal. Nos últimos anos, por exemplo, publicáronse números monográficos sobre Heidegger, a Revolución Francesa, A Ilustración, Estética e fragmentación ou Valle-Inclán e Álvaro Cunqueiro.
Descargar todas as imaxes