O Concello celebra o XII Curso de formación xurídica para empresas e profesionais
As xornadas analizarán o desenvolvemento urbano sostible na Unión Europea o 24 e 25 de abril no Museo de Arte Contemporánea.
O concelleiro de Urbanismo, Xavier Toba, explicou que este curso tivo unha gran repercusión en anos anteriores debido ao prestixio dos relatores participantes. Nesta ocasión, vaise centrar no urbanismo de futuro e de progreso cos aspectos que proporcionan máis calidade de vida para os cidadáns na busca do desenvolvemento sostible.
O coordinador das xornadas, Enrique Sánchez-Goyanes, afirmou que é un honor para a fundación "Xustiza no mundo", que agrupa a 100 países, organizar este evento en colaboración co Concello de Vigo.
Entre os temas que se tratarán están a contaminación atmosférica, o ruído, o tráfico, a protección dos tramos costeiros, a axenda 21 local e a xestión de residuos no medio urbano.
O maxistrado do Tribunal Supremo e presidente executivo da fundación "Xustiza no mundo" da Unión internacional de maxistrados, Ramón Rodríguez Arribas, será o encargado da apertura do curso. Celso Rodríguez Padrón, maxistrado e secretario xeral do Consello do Poder xudicial, dará a conferencia inaugural co título "A protección xurídica do medio ambiente".
Descargar todas as imaxes