Inaugúrase a mostra "Botella ao mar" na Casa das Artes
O concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe, e o presidente da Asociación Galega de Artistas Visuais, Manuel Quintana, abriron a exposición de obras doadas polos autores á Plataforma Nunca Máis para a súa poxa.
A exposición, organizada pola Asociación Galega de Artistas Visuais, está integrada por 316 obras. As creacións artísticas son sobre papel e de volumes que serán subhastadas en beneficio da Plataforma Nunca Máis.
A mostra permanecerá exposta do 10 de abril ao 1 de maio na Casa das Artes de Vigo.
A imaxe do cartel titúlase "Roupa de traballo dunha voluntaria utilizada na limpeza de chapapote no coído da Furna do Mordomo, en Traba de Laxe, o 11 de febreiro de 2003" e está realizada por Barro Salgado Santana, deseñadores.
Descargar todas as imaxes