Escoitar

Delfín Fernández asina un convenio para a formación para desempregados e a súa posterior contratación

O plan de formación en empresas con compromiso de contratación, no marco do Plan municipal de emprego, beneficiará a 35 persoas desempregadas.

venres, 11 abr 2003
1050062263delfin2.jpg
Bouzón e Fernández asinaron o convenio
O concelleiro de Desenvolvemento local e Emprego, Delfín Fernández, o director de Alcampo, Juan Carlos Bouzón, e a responsable de formación de Vegonsa, Susana Castro, asinaron senllos convenios para a posta en funcionamento do plan de formación con compromiso de contratación realizado a medida das empresas e dos beneficiarios do servicio de orientación laboral.

O plan formativo en empresas con compromiso de contratación deste ano 2003, cun custo de 20.384 €, beneficiará a un total de 35 persoas desempregadas no marco do Plan municipal de emprego.

Bouzón explicou que agarga que o 100% do alumnado colabore nos próximos meses en Alcampo, porque posteriormente seguirán contando coas persoas beneficiarias deste plan para que aporten a súa experiencia e bofacer que recollen nestes cursos de formación.

Castro destacou que ao non existir formación regulada e homologada, valóranse aínda máis estas experiencias como a emprendida polo Concello de Vigo. No ano 2001 Vegonsa contratou o 70% dos participantes no curso e no 2002 o 80%. Esta empresa, nacida en Vigo, encóntrase en fase de expansión, indicou Castro, polo que ante as aperturas previstas na zona agardan que poidan incorporárense os alumnos como dependentes.

A empresa Alcampo, segundo o texto do convenio, será a encargada de impartir un curso de caixeiro de grandes superficies, cunha duración de 125 horas, e, no caso de Vengonsa, formarán a desempregados como dependente polivalente de distribución alimentaria durante 300 horas. En ámbolos dous casos, asumen o compromiso final de contratar o 50% dos participantes por un período non inferior a tres meses, sempre e cando rematen satisfactoriamente a actividade formativa.

Os beneficiarios destes dous cursos seleccionaranse entre as persoas desempregadas que forman parte da base de datos da Concellería de Desenvolvemento Local e Emprego e, que entrevistadas polos técnicos do Servicio de orientación laboral do Concello, teñan dentro do seu itinerario formativo a necesidade de realizar cursos de formación para mellora-las súas condicións de ocupabilidade.

Coa sinatura deste primeiro convenio deste ano 2003 preténdese continuar na liña da experiencia exitosa obtida na execución doutros cursos de formación ocupacional, tanto en Alcampo como en Vegonsa, nos que a contratación chegou ó 90% das persoas participantes e con contratos cunha duración mínima de seis meses.

A formación realízase nun ámbito productivo real, a empresa, onde o alumnado observa e desempeña as actividades e funcións propias dos distintos postos de traballo, ó tempo que coñecen as relacións laborais e a organizacións dos procesos productivos. Este convenio é o primeiro que forma parte do Plan formativo 2003.
Descargar todas as imaxes