Escoitar

Concertos do Ciclo de Música Sacra

O sábado e o domingo celebranse dous concertos do ciclo de Música Sacra que organiza a concellería de Cultura. Os concertos terán lugar na Concatedral de Santa María de Vigo, ás 21:00 horas. A programación do sábado estará a cargodo grupo de música barroca Arte Mínima e o domingo de Mercedes Hernández.

venres, 11 abr 2003
ARTE MÍNIMA
O grupo de música barroca "Arte Mínima" creouse en Vigo no ano 1992 co obxectivo de interpretar a música dos séculos XVII e XVIII con criterios historicistas. Para iso empregan instrumentos que son copias doutros instrumentos antigos conservados en diversos museos e coleccións particulares europeas. Para as súas interpretacións baséanse ademais en reproduccións facsímiles das primeiras edicións ou dos manuscritos orixinais. Realizan tamén un importante traballo de pescuda sobre tratados musicais antigos para lograr recuperar a técnica e a sensibilidade barroca de facer música.

Amandine Beyer (violín),naceu en 1974 en Aix-en-Provence, Francia. Comeza os seus estudios de violín con Aurelia Spadaro e de frauta de pico con Sabine Weill, no conservatorio Darius Milahud. Ós 16 anos ingresa no Conservatoire National Supérieur de Musique de París obtendo un primeiro premio de violín en 1994. Interesada pola música antiga decide continuar os seus estudios na Schola Cantorum Basiliensis (Suiza), onde estudia violín barroco e clásico con Chiara Banchini e obtén o seu diploma de solista en 1998.

Antonio Almeda (violín).Despois dos seus estudios de violín, guitarra, música de cámara e harmonía no conservatorio de Murcia, dedicou varios anos o estudio do violín barroco e a interpretación histórica asistindo a cursos con Irmgard Schaller, Jaap Schröder, Enrico Gatti... e foi alumno de Emilio Moreno e François Fernández.

Programa do concerto

HARMONÍA ARTIFICIOSA-ARIOSA
Sonatas da chiesa en Austria e Alemaña no século XVII

JOHANN ROSENMÜLLER (ca. 1619-1684)
Sonata IV de Sonate à 2, 3... (Nuremberg 1682)
Presto - Adagio - Grave - Presto - Adagio - Presto

DIETRICH BUXTEHUDE (1637-1707):
Sonata V da Op. 2 (Hamburgo 1696)
Allegro - Solo / Concitato - Adagio / Solo - Allegro - Adagio- Forte

HEINRICH I.F. BIBER (1644-1704)
Sonata X A crucifixión de Sonatas do Rosário (ca. 1676)
Praeludium - Aria (con 5 variacións)
Sonata II A visita de María a Isabel de Sonatas do Rosario
- Presto - Allaman - Presto

DIETRICH BUXTEHUDE (1637-1707):
Sonata II da Op. 1 (Hamburgo 1694)
Lento - Vivace - Adagio - Allegro - Largo - Arioso

HEINRICH I.F. BIBER
Passagalia O anxo da garda de Sonatas do Rosário

DIETERICH BUXTEHUDE (1637-1707)
Sonata a 3 (Ms.Univ. Uppsala)
Allegro - Adagio / Allegro / Adagio - Adagio - Allegro - Adagio / Allegro -

Programación do domingo 13 de abril

MERCEDES HERNÁNDEZ (soprano)
Naceu en Santiago de Compostela, onde inicia a súa formación musical. Estudia canto, e especialízase en música antiga, con Guillemette Laurens en Toulouse, na Musikhochschule de Trossingen (Alemña), e na Schola Cantorum Basiliensis (Basilea-Suíza) con Richard Levitt.
Desde 1991 canta con "La Capella Reial de Catalunya" que dirixe Jordi Savall, coa que realiza unha gravación das Cantigas de Santa María de Alfonso X (Auvidis). Canta co grupo francés "Le Parlement de Musique" dirixido por Martin Gester desde 1997, co que grava un disco con música de Bassani e Legrenzi (Accord), con moi boas críticas da prensa especializada; para a ORF (Radio Austríaca) grava o Oratorio de Nadal de G. Pacieri en 1998; e para Opus 111 un disco con música de G. Carissimi. É membro do grupo de música antiga "Resonet", con quen grava tres discos como solista. Ademais colabora con outros grupos de música antiga como "La Marina-Basel", "Passacaglia-Freiburg" e "UCS-Hannover", co que actúa con gran éxito en México nos festivais de Cidade de México.
En 2000 debuta con gran éxito no Teatro de Basilea co papel principal de Primadonna Stonatrilla da ópera de Floriano Gassmann L'opera seria. Tamén se poden destacar as súas interpretacións do Príncipe Ozia da Giuditta de A. Scarlatti e de Cleopatra da ópera de J. Mathesson. Canta o papel de Alecto da ópera de Juan Hidalgo Celos aún del aire matan en Barcelona e o Konzerthaus de Viena, baixo a dirección de Jordi Savall. En febreiro de 2002 debuta no Gran Teatre del Liceu de Barcelona co rol de Ninfa da ópera de Monteverdi L'Orfeo dirixida por Jordi Savall. En maio de 2002 grava co Ensemble Elyma o disco Fiesta Criolla, con música ó redor das festas de Guadalupe en Sucre en 1708.

[b[Programa
LUIGI BOCCHERINI(1743-1805)
Stabat Mater

1. Stabat Mater dolorosa
2. Cujus animam gementem
3. Quae morebat et dolebat
4. Quis est homo, qui non fleret
5. Pro peccatis suae gentis
6. Eja mater, fons amoris
7. Tui nati vulnerari
8. Virgo virginum praeclara
9. Fac ut portem Christi mortem
10. Fac me plagis vulnerari
11. Quando corpus morietur