Escoitar

Henrique Vieitez fai un chamamento para o coidado das fontes públicas

A Concellería dos Servicios Electromecánicos emprendeu un sistema de control e limpeza periódico para o óptimo funcionamento das fontes da cidade e investiu 270.550 euros no seu mantemento dende o ano 2000.

venres, 11 abr 2003
1050051147camilo38.jpg
Estanque no Castro
Desde o ano 2000, o departamento de Servicios Electromecánicos encargouse do mantemento de 60 fontes da cidade. O concelleiro Henrique Vieitez explicou que cando tomou posesión da concellería "o estado das fontes era lamentable". "En xeral, estaban moi deterioradas debido ao seu deficiente mantemento, moitas tiñan incluso as boquillas atadas con aramios", afirmou.

Cando se retomou o mantemento das fontes por parte deste departamento, o concelleiro deu ordes de realizar inspeccións periódicas das mesmas para así ter un control da súa situación. O mantemento das fontes consiste alomenos nunha limpeza a fondo anual con baleirado de auga, limpeza de filtros e demais accesorios, reparacións e substitucións varias e, no seu caso, posta en marcha de novo da fonte. Deste xeito, realízanse ademais reparacións puntuais en caso de avarías.

Algunhas das fontes nas que máis se traballou e investiu nos últimos tres anos foron as situadas en Montero Ríos, avenida de Europa, rúa Areal, piscina Ría de Vigo en Samil, Lago Monte dos Pozos e, sobre todo, na fonte do Lago de Castrelos que, entre outras cousas, recuperou a súa iluminación.

O concelleiro Henrique Vieitez destaca que ademais de reparacións por desgaste ou deterioro tamén hai moitas fontes que houbo que reparar por padecer actos vandálicos. Por isto, unha vez máis, pide a colaboración dos cidadáns para que coiden as fontes e demais mobiliario urbano.

No primeiro trimestre de 2003, o departamento de Servicios Electromecánicos gastou 30.983,37 euros no mantemento das fontes na nosa cidade.
Descargar todas as imaxes