Escoitar

Reunión da Comisión de Goberno

O luns, día 14,terá lugar a reunión da Comisión de Goberno do Concello, a partir das nove da mañá.

venres, 11 abr 2003
1.- Acta da sesión ordinaria do 24 de marzo de 2003.

ASESORÍA XURÍDICA
2.- Sentencia do TSXG no r.c.a. nº 02/4181/1999 interposto por Dª ISOLINA RODRIGUEZ PILLADO contra resolución do Concello de Vigo desestimatoria sobre responsabilidade patrimonial. Desestimado.

3.- Sentencia do TSXG no r.c.a. nº 02/4216/1999 interposto por D. JACOBO IGLESIAS VALLADARES contra desestimación presunta por silencia de reclamación de responsabilidade patrimonial. Desestimado.

4.- Sentencia do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 206/2002 interposto por Dª ISABEL HARGUINDEY FERRER contra providencia de embargo sobre liquidacións de tributos locais (vehículos e lixo 93/96). Desestimado.

5.- Sentencia do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 156/2000 interposto por VIDAL COUÑAGO S.L. contra resolución de 12.03.02 que impón sanción administrativa por infracción da Ordenanza municipal reguladora da actividade funeraria. Estimado.

6.- Sentencia do TSXG no r.c.a. nº 02/4083/1999 interposto por Dª MANUELA SENDÓN JURJO contra acordo do Concello de Vigo de 13.11.98 desestimatorio de responsabilidade patrimonial. Estimado parcialmente.

7.- Auto do TSXG no r.c.a. nº 02/4711/2001 interposto por FERROVIAL AGROMAN S.A. contra resolución de 21.03.01 desestimatoria de reclamación de cantidades relativas á obra "Proxecto reformado de rehabilitación Casa Arines e vivenda anexa". Desestimanento

BENESTAR SOCIAL
8.- Dar conta dos contratos menores tramitados por Benestar Social durante o mes de marzo de 2003.

9.- Prestación do Servicio de axuda no Fogar. Alta exptes.: 13/019577, 13/006372 e 13/029952.

10.- Prestación do Servicio de Centro de día para persoas maiores. Alta exptes: 5/006574, 5/030473 e 5/030471.

CEMITERIOS
11.- Anulación de adxudicacións de nichos en Teis. Expte. 5434/255.

DEPORTES
12.- Solicitude de autorización da APA Lameira do CEIP Josefa Alonso para a organización do cross escolar Josefa Alonso o día 27.04.03 en Matamá. Expte. 3598/333/03.

13.- Solicitude de autorización da Asociación Viguesa de Motocicletas Antigas de Vigo para a organización da XIII Xuntanza de motos antigas cidade de Vigo o día 27.04.03. Expte. 3599/333/03.

14.- Solicitude de autorización para a organización dunha xornada de deporte recreativo na praia os días 3 e 4 de maio de 2003. Expte. 3601/333/03.

15.- Solicitude de autorización da ANPA do CEIP Otero Pedraio para organizar o XXIV Cross Escolar Otero Pedraio o día 1.05.03. Expte. 3600/333/03.

16.- Solicitude de autorización da ANPA do CEIP Párroco D. Camilo para organizar o XIX Cross Escolar Párroco D. Camilo o día 11.05.03. Expte. 3602/333/03.

FESTAS E A. SOCIOCULTURAL
17.- Proxecto de convenio de colaboración coa Federación de Peñas Recreativas "El Olivo" para actividades socioculturais durante o exercicio 2003. Expte. 270/335.

18.- Dar conta da relación de contratos menores tramitados polo departamento de Festas e Animación Sociocultural durante o mes de marzo de 2003. Expte. 271/335.

INTERVENCIÓN
19.- Xustificantes de libramentos.

PATRIMONIO E CONTRATACIÓN
20.- Prórroga do contrato para prestación do servicio de voz e datos "Trunking" para o Concello de Vigo. Expte. 674/113.

21.- Expediente de contratación para a subministración e instalación de equipos e sistemas para o acondicionamento escénico do Auditorio municipal de Teis. Expte. 1803/320/03.

22.- Expediente de contratación para a subministración de material eléctrico para a substitución do que se atopa deteriorado no Concello de Vigo. Expte. 3385/444/03.

23.- Expediente de contratación para o aluger de equipos informáticos para os programas de fomento do emprego e voluntarios por Vigo e equipamento de asociacións do Concello de Vigo.Expte. 196/321/03.

REHABILITACIÓN DA VIVENDA
24.- Axudas para a rehabilitación de edificios e vivendas no barrio histórico de Vigo:
a) Rúa Caracol nº 6. Expte. 113/431/03.
b) Rúa Santiago nº 6, 2º. Expte. 097/431/02.
c) Rúa Santiago nº 6, 1º D. Expte. 49/431/01.
d) Rúa Santiago nº 6, 1º D, 1º E e 2º. Expte. 096/431/02.
e) Praza Ribeira do Berbés nº 33. Expte. 107/431/03.
f) Praza Ribeira do Berbés nº 33, 3º. Expte. 106/431/03.

SEGURIDADE
25.- Solicitude de autorización do presidente das Festas de Xuventude de Balaídos para a celebración de ditas festas dende o día 14 ó 19 de maio en Balaídos. Expte. 68608/210.

26.- Solicitude de autorización da Asociación Cultural Hispano Americana Condebamba para a celebración da Feira Internacional dos Pueblos os días 28 de abril ó 28 de maio de 2003. Expte. 68587/210.

27.- Bases para a adxudicación de subvencións ós titulares de autotaxis da cidade para a instalación de sistemas de seguimento, localización e outros elementos de seguridade. Expte. 68537/210/03.

URBANISMO
28.- Dar conta do pase de sancións urbanísticas á Tesourería co Concello de Vigo para que se dicten as correspodentes providencias de apremio. Expte. 136/407.

VIAS E OBRAS
29.- Aprobación técnica dos proxectos:
a) Mellora de saneamento no cño. Turido (Alcabre) Expte. 37448/250.
b) Substitución de entubado de fibrocemento por fundición na estrada de Vilar. Expte. 37449/250.
c) Substitución de entubado de fribrocemento por fundición no cño. do Viso. Expte. 37450/250.

30.- Rogos e preguntas.