Declaración do Concello de Vigo sobre a guerra
O alcalde, Lois Castrillo, leu a declaración consensuada coa xunta de voceiros a favor da paz e do cese da intervención bélica.
O alcalde, Lois Castrillo, leu a declaración consensuada coa xunta de voceiros a favor da paz e do cese da intervención bélica.
O alcalde anuncia que os terreos da Bouza serán cualificados como zona verde no próximo Plan Xeral.
A mostra que se inaugura no Marco recupera a antiga sección da Fotobienal. A producción da exposición incluíu a restauración e catalogación das imaxes realizadas por fotógrafos de ámbito internacional arredor do paisaxe e influencia viguesa. As fotografías integran a Colección Fotográfica do Concello de Vigo.
O Concello mantén aberto o departamento de Estatística para que os cidadáns poidan efectuar os cambios oportunos nos datos do censo electoral de cara os comicios do vindeiro 25 de maio e para a consecución de certificados de empadronamento para a inscrición dos escolares nos centro de ensino. O horario de apertura ao público é de 9:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:30. O prazo para posibles reclamacións ou correccións presenciais remata o luns 14 de abril.
A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Vigo, convoca o "I Certame de Títeres, Guiñois e Marionetas 2003", que se realizará o 6 e 7 de maio do 2003 no auditorio municipal coa colaboración da Concellería de Educación.
O Conservatorio Superior de Música de Vigo será o escenario do segundo concerto do ciclo de Música Sacra que organiza a concellería de Cultura. O concerto que comezará as 20.30 horas estará a cargo de Teresa Novoa, Nuria Lorenzo e a Sinfoneta de Vigo.
"O mundo subacuático" é o título da conferencia do ciclo "Natureza sen límite" organizado polo Club Montañeiros Celtas coa colaboración da concellería de Deportes que se celebrará o 11 de abril no paraninfo da Escola Universitaria de Enxeñeiros Técnicos Industrias (Peritos), a partir das 20:00 horas. Con esta charla péchase este ciclo de conferencias que trataron sobre a espeleoloxía, o kaiak de mar, o esquí de montaña e o descenso de canóns.
A Semana dos Maiores remata o venres cunha homenaxe as persoas que participan no programa de deportes que leva a cabo a Concellería de Benestar Social. Durante cinco días realizaronse, no auditorio do Concello, concertos, exhibicións deportivas bailes e obradoiros.