Escoitar

Coa música relixiosa no barroco alemán iníciase o ciclo de Música Sacra

O ciclo de Música Sacra que organiza a concellería de Cultura ábrese cun concerto dedicado á música relixiosa no barroco alemán a cargo de José Antonio Carril e a Ensemble Barroco do Chiado. O concerto, público e gratuíto, comezará ás 21:00 horas na Concatedral de Santa María de Vigo.

mércores, 9 abr 2003
1049890385carril.jpg
O barítono José A. Carril
JOSE-ANTONIO CARRIL (barítono)
Naceu en San Sebastián. Realizou os seus estudios vocais na Escola Superior de Canto de Madrid. Actuou xunto ás mellores orquestras españolas. Así mesmo colaborou con agrupacións estranxeiras e son cada vez máis frecuentes as súas colaboracións con conxuntos especializados en música barroca.

Obtivo unha mención especial do xurado no prestixioso Concurso Internacional "Toti dal Monte" de Treviso (Italia) en 1994 e foi declarado vencedor no Concurso internacional "Voci rossiniane e donizettiane" de Pistoia (Italia) en 1996.

Actuou xunto a algúns dos máis coñecidos especialistas neste repertorio como Jordi Savall, Jean-Claude Malgoire, Gabriel Garrido, Philippe Pierlot, Jacques Ogg e Wieland Kuijken. É, así mesmo, profesor da Academia de Música Antiga da Universidade de Salamanca.

ENSEMBLE BARROCO DO CHIADO

Creado en 1995 por especialistas en música barroca. Abranguen un extenso repertorio que vai desde o s. XVII ata mediados do s. XVIII. O seu obxectivo principal é a divulgación do repertorio barroco con instrumentos orixinais a través dos principais festivais de música do país veciño: Mafra, Espinho, Tomar, "Encontros com o Barroco-Porto", "Ciclo de Música Barroca no Auditório do CCB", etc, con gran éxito polo seu carácter dinámico, rigor e profunda análise das fontes musicais. Os compoñentes da Ensemble son Álvaro Pinto, violín; José Manuel Navarro, violín; Peter Krivda, viola de gamba e Marcos Magalhaes,órgano positivo.

PROGRAMA DO CONCERTO

I

NICOLAUS BRUHNS (1665-1697):
Salmo 130. De profundis clamavi

DIETRICH BUXTEHUDE (1637-1707):
Sonata para violín, viola de gamba e baixo continuo

JAN DISMAS ZELENKA (1679-1745):
Salmo 110. Confitebor tibi Domine

II

JOHANN ROSENMÜLLER (1619-1684)
Trio-sonata

GEORG PHILIPP TELEMANN (1681-1767):
Cantata. Erquicktes Herz sei voller Freuden.
Descargar todas as imaxes