Escoitar

Abre na alameda o V Salón do Libro Galego

Presentaranse 10.000 publicacións e celebraranse obradoiros, concursos, recitais e presentacións de libros do 9 ao 13 de abril na alameda da praza de Compostela.

martes, 8 abr 2003
1049801894salonlibro.jpg
Rosana Goméz, Carmen Corbalán e Fabiola Sotelo no acto de presentación
A concelleira de Normalización Lingüística, Carmen Corbalán, a delegada de Cultura, Comunicación Social e Turismo, Rosana Gómez, e a presidenta a Asociación Galega de Editores, Fabiola Sotelo, presentaron as características do V Salón do Libro Galego que disporá dunha carpa de 450 m2 situada na alameda da praza de Compostela.

Carmen Corbalán destacou que este evento inaugura a tempada do libro na rúa e Rosana Gómez animou aos vigueses e visitantes a achegarse a disfrutar deste salón que presenta numerosas actividades paralelas, ademais da exposición e venda de libros.

Fabiola Gómez explicou que con esta celebración se pretende difundir o fondo do libro galego ante o gran descoñecemento existente destas publicacións entre os lectores. Nesta edición organizaranse actividades destinadas a nenos como concursos literarios e de debuxo, contacontos e presentacións de libros. O salón recibirá polas mañás as visitas programadas e os escolares vigueses.

Á parte do recinto de actividades culturais, presentaranse 10.000 libros; un 70% deles serán dos máis vendidos e o 30% restante das novidades. Os compradores obterán un 10% de desconto. Este salón, xa celebrado en Santiago de Compostela e Lugo rexistrou unha suba de vendas dun 120% e 40% respectivamente sobre o ano pasado.
Descargar todas as imaxes