Vigovisións percorre 14 anos de evolución da fotografía
A mostra que se inaugura no Marco recupera a antiga sección da Fotobienal. A producción da exposición incluíu a restauración e catalogación das imaxes realizadas por fotógrafos de ámbito internacional arredor do paisaxe e influencia viguesa. As fotografías integran a Colección Fotográfica do Concello de Vigo.
A directora do Museo de Arte Contemporánea, Carlota Álvarez Basso, acompañada dos directores da Fotobienal, Manuel Sendón e Xosé Luis Suárez Canal, presentou Vigovisións como a primeira exposición desenvolvida, "dende o deseño á montaxe final" polo equipo do Marco. Basso subliñou que ata chegar á escolma final das 250 imaxes da mostra, "revisouse a totalidade das 650 fotografías, algunhas das cales, precisaron ser restauradas". O percorrido reflíctese no catálogo razoado da exposición, que recolle todas as imaxes con cadansúa descrición técnica.
Pola súa banda, Manuel Sendón, sinalou a "pluralidade estética" que impulsou a creación de Vigovisións na segunda edición da Fotobienal, celebrada no 1986. "Así, conviven obras pertencentes a formulacións da fotografía totalmente distintas", explicou. Sendón lembrou que no inicio da Fotobienal, 1984, existía un claro desinterese pola Historia da Fotografía, á que se lle negaba mesmo a posibilidade de constituír un obxecto artístico.
Xosé Luis Suárez Canal recalcou o debate interno que dirixiu sempre a elección de fotógrafos, permitindo a alternancia entre traballos de corte clásico, relacionados coa reportaxe, e outros inseridos nas novas tendencias.
Coa posta en marcha da exposición Vigovisións 1986-2000, o Museo de Arte Contemporánea de Vigo cumpre co seu labor de revisión histórica e recuperación de autores e movementos contemporáneos en Galicia. Neste caso, trátase dun proxecto que naceu directamente vencellado á cidade de Vigo e cunha clara vocación internacional.
A Fotobienal, que tivo a súa primeira edición en 1984, era unha exposición fotográfica organizada bianualmente polo Concello de Vigo, producida e coordinada polo Centro de Estudos Fotográficos. A programación xiraba ao redor de tres ideas: recuperar a fotografía histórica galega, dinamizar a fotografía contemporánea galega e facer partícipe a Galicia no debate da fotografía universal. Se ben a súa primeira edición se centrou na realización dun balance da fotografía en Galicia, déuselle xa dende 1986 cabida a un proxecto de carácter innovador, e de proxección internacional, enmarcado neste contexto: Vigovisións.
O proxecto consistía en convidar a fotógrafos de diferentes países –con inclusión sempre dun fotógrafo galego– a traballar en Vigo durante un curto período, de xeito que durante eses días a cidade se convertía nun escenario de producción, nun lugar de traballo onde o artista recibía a súa influencia e a reflectía de acordo co seu proxecto estético.
Durante 16 anos, a cidade de Vigo contou coa presencia de fotógrafos universalmente coñecidos, que durante eses días transformaban a cidade no seu propio estudio e que nos aprendían a mirala e redescubrila a través dos seus ollos. O interese das fotografías realizadas no marco do proxecto Vigovisións supera claramente o ámbito local, como o proba o feito de que fosen incluídas en exposicións e libros publicados noutros países, tal como se reflicte na parte documental desta exposición.
Unha vez cumprido o período de exposición na Fotobienal, os traballos realizados pasaban a formar parte da Colección Fotográfica do Concello de Vigo, que na actualidade inclúe un total de 625 obras, entre fotografías e instalacións. O Museo de Arte Contemporánea de Vigo levou a cabo un importante labor de rexistro e catalogación de todas e cada unha das obras antes de proceder –por obvias razóns de espacio– á selección das que serían incluídas na mostra.
A exposición Vigovisións 1986-2000 consta de 265 fotografías e 4 instalacións, caracterizadas pola súa pluralidade estética. Esta diversidade é tamén fiel reflexo da evolución do propio proxecto, que, se ben comezara a súa andaina a partir de traballos de corte documental, pouco a pouco foi dando cabida a outras concepcións fotográficas, a propostas máis experimentais, sen esquecer as formulacións innovadoras que estaban a se dar na fotografía documental.
De feito, un dos grandes valores desta exposición é o de servir como imaxe da evolución do medio fotográfico nos últimos anos: dende as obras temáticas ou documentais de pequeno formato, ao gran formato vixente hoxe en día, pasando pola chamada “fotografía expandida” ou instalacións fotográficas. A exposición é boa mostra de como a fotografía foi buscando e atopando o seu lugar dentro do discurso da arte actual.
A modo de exemplo, nesta mostra reúnense traballos que van dende os documentais de corte clásico como os de Cristina García Rodero ou Sebastião Salgado, a outros máis experimentais dentro da propia fotografía documental como os de Carole Condé/Karl Beveridge e Allan Sekula. Da fotografía estenopeica de Ruth Thorne-Thomsen aos traballos dixitais de Pedro Meyer e Daniel Canogar. Da plasticidade dos experimentos formais de Xulio Correa ou os fotogramas mesturados con imaxes convencionais de Joan Fontcuberta, á estratexia apropiacionista de Joachim Schmid, construída a partir da recollida de fotos familiares desbotadas. Da maxia do cotián de Vari Caramés ás escenificacións de Ron O’Donnell. Dos obxectos fotográficos de Wojciech Prazmowski ás instalacións de Luis González Palma, Gerardo Suter e Paloma Navares.
A montaxe da exposición pretendeu mostrar cada un dos traballos sen desvirtualos, do xeito máis semellante posible a como foran expostos no seu momento. Por outra banda, o criterio de ordenación cronolóxica das imaxes supón un achegamento intencionado ao que significou o proxecto Vigovisións e a súa evolución.
Descargar todas as imaxes