martes, 15 abr 2003
O IV Trofeo internacional "Cidade de Vigo" de carreiras de orientación celebrarase o 3 e 4 de maio organizado pola Asociación galega de clubes de orientación (Agaco) en colaboración coa Universidade e a Concellería de Deportes.
martes, 15 abr 2003
Máis de cinco mil vigueses realizaron consultas sobre as listas do censo electoral durante o periodo de exposición pública que rematou onte. O número de persoas que acudiu á lonxa do Concello para verificar a súa inclusión no censo foi sensiblemente superior ao doutras convocatorias electorais. En Vigo teñen dereito ao voto 250.551 electores.
martes, 15 abr 2003
A Concellería dos Servicios Electromecánicos, en colaboración co IDAE (Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía), organiza unha conferencia o vindeiro xoves 24 de abril ás 20:00 horas no auditorio municipal.
martes, 15 abr 2003
A Concellería de Turismo e Comercio patrocina, xunto con Caixanova e a Consellería de Innovación e Turismo, a campaña "Mercados, centros de moda".