Escoitar

O consumo dos vehículos analizarase nunha conferencia organizada por Electromecánicos para fomentar a eficiencia enerxética

A Concellería dos Servicios Electromecánicos, en colaboración co IDAE (Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía), organiza unha conferencia o vindeiro xoves 24 de abril ás 20:00 horas no auditorio municipal.

martes, 15 abr 2003
1050401634vehiculos.jpg
Exporanse datos de consumo de carburante de cada modelo de vehículo
Na conferencia quérese dar a coñecer a eficiencia no transporte e da clasificación por consumo dos coches, ademais de expoñer as características de cada vehículo relativas ao consumo de carburante.

A Concellería dos Servicios Electromecánicos desenvolve dende hai un tempo unha serie de actividades, iniciativas e proxectos tendo en conta o aforro e a eficiencia enerxéticas co obxectivo de fomentar así as enerxías renovables.

A actividade no transporte incrementouse considerablemente, provocando así un aumento do consumo de enerxía. Este incremento é consecuencia da mellora do nivel de vida, o crecemento dos núcleos de poboación nos arredores das grandes cidades e o aumento do comercio internacional. Dentro deste sector, a estrada absorbe case o 80%, correspondendo preto da metade desa porcentaxe aos vehículos privados.

Os coches consomen o 15% do total enerxético en España. Xunto a xeración de electricidade, trátase do sector que mais presión á alza vén exercendo sobre a intensidade de enerxía primaria e as emisións de CO2 e o que maiores perspectivas presenta de seguir facéndose na próxima década. Sendo o coche un dos segmentos que máis contribúe ás emisións de CO2, cómpre por parte de fabricantes, consumidores, usuarios e profesionais do sector tomar medidas que contribúan a rebaixar os efectos nocivos destas emisións.

Por isto a Concellería dos Servicios Electromecánicos, en colaboración co IDAE, organiza unha conferencia que, dentro da eficiencia no transporte e da clasificación por consumo dos coches, quere dar a coñecer cáles son, entre outras, as características de cada vehículo relativo ao consumo de carburante.

A conferencia terá lugar o vindeiro xoves 24 de abril, ás 20:00 horas no auditorio do Concello. As portas abriran ao público as 19:00 horas e a entrada é libre.
Descargar todas as imaxes