Escoitar

Novas axudas para a instalación de sistemas de seguridade nos taxis

A Comisión de Goberno aprobou as bases dunha nova convocatoria de axudas para a instalación de sistemas de seguridade nos taxis. Como en anos anteriores, poderán solicitar estas subvencións os titulares de licencias de autotaxi de Vigo que instalen no seu vehículo algún dos sistemas homologados (mamparas de protección, localizadores GPS)

luns, 14 abr 2003
As axudas cubren o 30% do investimento e son compatibles coas que outorgan outras administracións. Os criterios que se terán en conta para concedelas son o da orde na presentación da solicitude e o da efectiva instalación do sistema. O presuposto previsto para estas subvencións é de 18.247 euros.

Axudas para a rehabilitación de vivendas

A Comisión de Goberno aprobou a concesión de axudas para a rehabilitación de diversas vivendas do Barrio Histórico. As beneficiarias son as seguintes:
Rúa Caracol nº 6
Rúa Santiago nº 6 1ºD, 1ºE, 2º e elementos comúns do edificio.
Praza Ribeira do Berbés nº 33-3º e elementos comúns do edificio

Adxudicadas novas obras de asfaltado

O Goberno Municipal adxudicou por un total de 172.573 euros as obras de asfaltado das seguintes rúas: Couto de San Honorato, Tui, Baiona, Manuel Olivié, Taboada Leal e Torrente Ballester.