Escoitar

Concedida a licencia de demolición dos edificios situados na UE Rosalía de Castro 2

xoves, 28 nov 2002
O Consello da Xerencia de Urbanismo deu un paso máis no proceso de prolongación da rúa Rosalía de Castro ao conceder a licencia de demolición dos inmobles situados no ámbito da súa Unidade de Execución. A Xunta de Compensación deste ámbito xa ten autorización para comezar o derrubo das 25 edificacións situadas na zona. A maioría delas son inmobles de baixo e unha ou duas alturas. A superficie total a demoler é de 9.486 m2.

Nos próximos días procederase ao realoxo dos inquilinos que viven neses edificios, a meirande parte en malas condicións de habitabilidade. O Concello porá a disposición das 18 familias afectadas unhas vivendas na rúa Anduriña que acaban de ser remozadas.

Tralo derrubo dos inmobles poderase acometer a urbanización desta céntrica área da cidade. A rúa Rosalía de Castro prolongarase ata García Barbón. Crearase un novo vial entre o Areal e García Barbón e unha praza pública. Baixo a rúa Rosalía de Castro construirase un aparcadoiro soterrado.