O musical ‘101 Dálmatas’ represéntase o domingo no pavillón das Travesas
O pavillón das Travesas de Vigo acollerá o domingo 1 de decembro a representación do musical 101 Dálmatas, protagonizado pola actriz Miriam Díaz-Aroca no papel da malvada Cruela de Vil. O acto está presentado pola Concellería de Xuventude e patrocinado polo xornal Faro de Vigo, organízao a empresa Simon Music.
Haberá dúas representacións: ás 19.00 e as 21.30 horas. As entradas, cun prezo único de 9 euros, poden mercarse anticipadamente na Central de Espectáculos da rúa Dr. Cadaval, as tendas Gong, La Columna e LP, ou ben o mesmo domingo 1 de decembro dende as 16:00hs na taquilla do Pavillón das Travesas.
É a primeira vez que 101 Dálmatas, escrito por Doodie Smith, se escenifica en Europa. Miriam Díaz-Aroca encabeza un gran equipo de actores, bailarines e técnicos. Ademais, participan máis de 45 auténticos cans dálmatas adestrados en Alemania especialmente para a obra. A todo isto únense uns decorados de gran colorido e 8 temas musicais.
Trátase dun espectáculo familiar por excelencia, moio axeitado para o Nadal, co que a Concellería de Xuventude quere dirixirse especialmente a un público infanto-xuvenil, despois de facer concertos de música para un público máis xuvenil.
101 Dálmatas ven de inicia unha xira por toda España, que durará ata o 15 de xaneiro de 2003, despois de triunfar durante 8 meses consecutivos no Nuevo Teatro do Parque de Atraccións e no Gran Teatro Calderón de Madrid.
Descargar todas as imaxes