Escoitar

O Concello redactará un novo Plan Especial de Edificios e Conxuntos a Conservar

xoves, 28 nov 2002
imx2055.jpg
Esbozo do edificio Curbera
O Consello da Xerencia de Urbanismo acordou proceder á elaboración dun Plan Especial que substitúa ao actual Plan Especial e Catálogo Complementario de Edificios, Conxuntos e Elementos a Conservar de Vigo. Coa actualización do Plan preténdese adaptalo á Lei do Patrimonio Cultural de Galicia e, ao mesmo tempo, incluír nel disposicións que, ademais de protexer o patrimonio arquitectónico, permitan o desenvolvemento do centro histórico de Vigo.

O PEEC vixente foi aprobado en 1990. Doce anos despois estímase que necesita unha renovación en profundidade dos seus obxectivos, directrices, criterios e mesmo do seu ámbito físico coa finalidade de superar as carencias e contradiccións observadas durante a súa aplicación. Co novo Plan buscarase un desenvolvemento harmónico da normativa especial de protección e da actividade urbanística tentando asemade evitar o despoboamento da zona central da cidade.

O Goberno municipal vai asinar un convenio de colaboración co Consorcio da Zona Franca para que este organismo sexa o que financie os traballos de elaboración do novo PEEC. Antes, a Xerencia de Urbanismo redactará os pregos de prescripcións técnicas e clausulas económico administrativas que rexerán o concurso para a contratación desta tarefa.
Descargar todas as imaxes