A análise do voluntariado de Vigo centrará o debate da III Xornadas Municipais de Voluntariado
A Concellería de Participación Cidadá organiza as III Xornadas Municipais de Voluntariado que baixo o título ”Análise do Voluntariado na cidade de Vigo” terán lugar no salón de actos da aula sociocultural Caixa Galicia o 4 de decembro, con ocasión do Día Internacional do Voluntariado que se celebra o 5 de decembro.
As xornadas complementanse con seminarios de formación sobre Xestión de Calidade na Acción Voluntaria e a Coordinación e o Traballo en Rede, destinados basicamente a responsables de entidades non lucrativas. Os seminarios estarán dirixidos por Santiago González Avión, coordinador territorial da Fundación secretariado xeral xitano.
Entre as persoas que explicarán a súas experiencias figuran Francisco Martín Frías, presidente e director xeneral de MRW, como fomento do voluntariado desde a empresa privada, e entidades como Solidarios para el Desarrollo e Médicos del Mundo.
As persoas interesadas en participar e asistir ás xornadas deberán inscribirse ata o venres 29 de novembro á Oficina Municipal de Voluntariado (Casa do Concello).
Descargar todas as imaxes