Escoitar

O Concello asina un convenio para subvencionar os comedores escolares

mércores, 27 nov 2002
A concelleira da Ensino, Ana Gandón, e a presidenta da Federación Olívica de Anpas de Vigo e comarca, Bertila Fernández, asinaron un convenio para a realización de programas e subvención de actividades extraescolares e comedores de ensino infantil e primario. O Concello achegará 66.110 euros.

A Federación comprométese a afrontar as tarefas de funcionamento, coordinación e xestión dos programas. Ademais desenvolverá actividades formativas para nais e pais, organizará e regulará a realización de actividades extraescolares e promoverá e xestionará os comedores escolares.

O Concello de Vigo pon a disposición da Federación Olívica de Anpas un local no Instituto Municipal de Educación que lle permita o desenvolvemento das súas funcións e a realización das tarefas propias da federación.