Escoitar

O manual ”O corpo como campo de batalla” servirá de recurso didáctico

martes, 26 nov 2002
imx2042.jpg
Unidade didáctica
A unidade didáctica ”O corpo como campo de batalla”, da colección ”De igual a igual”, distribuirase nos centros de ensino da cidade. A concelleira da Muller, Ana Gandón, sinalou que é un recurso axeitado para o profesorado que traballa pola igualdade.

O primeiro número desta colección, ”Aprendendo a ver a desigualdade”, veu a luz o 8 de marzo de 2001 e foi necesaria unha reedición pola demanda conseguida. Agora editáronse 3.500 exemplares do segundo número cun orzamento de 4.000 euros.

A autora deste material didáctico, a profesora de Filosofía Mercedes Oliveira Malvar, é especialista en educación afectiva e sentimental. ”As últimas tendencias educativas empezan a incluír a intelixencia emocional, a autoestima e os sentimentos e inciden tamén na aceptación do corpo dunha forma harmónica coa mente”, sinalou Oliveira.

Mercedes Oliveira foi presidenta da Federación Española de Planificación Familiar e autora de numerosas publicacións relacionadas coa ética e filosofía. Este manual contribuirá á formación da intelixencia emocional e fomentará a crítica ao modelo cultural.
Descargar todas as imaxes