Escoitar

Cociña húngara, fotocaricaturas e técnicas para ligar nas ‘Noites Vivas’ desta fin de semana

xoves, 28 nov 2002
Cociña húngara, esgrima, obradoiro de fotocaricaturas e técnicas para ligar son algunhas das actividades que se desenvolverán nas Noites Vivas desta fin de semana. O programa, organizado pola Concellería de Xuventude do Concello de Vigo, pretende alonxar ós mozos do alcohol e as drogas, ofertándolles outros contidos para enche-las súas noites de fin de semana.

A maioría dos actos comezará entre as 22.00 e as 23.30 horas, aínda que algúns o farán ás 18.00.

Programación do venres 29 de novembro:
–Centro Xuvenil Muncipal da Rúa Uruguai: cociña internacional (Hungría), internet, selfservice (obradoiros libres de tatuaxes, pintado de camisetas, coiro, etc.), sala de xogos.
–Pavillón do Berbés: bailes de salón, esgrima, musculación, squash.
–Asociación Xuvenil Abertal: concerto aberto, futbolín, internet, sala multiusos, PIX.
–Asociación de Veciños de Beade: cíber, bailes de salón, cine (El Señor de los Anillos).
–Asociación de Veciños Doutor Fleming: abalorios (crocodilos), xogos de mesa, internet, pintado de camisetas.
–Espacio Xove do Castro: obradoiro de fotocaricaturas, campionatos de xogos na rede.
–Club Slot de Vigo: scalextric.
–Piscina de Lavadores: acuaeróbic.
–Plan Comunitario de Teis: búsqueda do tesouro polo barrio.
–Praza Elíptica: Sísifo Teatro, bailes latinos, obradoiro de maquillaxe.

Programación do sábado 30 de novembro:
–Centro Xuvenil Muncipal da Rúa Uruguai: obradorio de coiro, internet, selfservice (obradoiros libres de tatuaxes, pintado de camisetas, coiro, etc.), sala de xogos.
–Asociación Xuvenil Abertal: obradoiro de cestería, pachanga, futbolín, internet, sala multiusos, PIX.
–Asociación de Veciños de Lavadores: obradoiro de percusión, obradoiro de breakdance, manga, rol.
–Espacio Xove do Castro: obradoiro de fotocaricaturas, campionatos de xogos na rede.
–Pavillón de Coia: técnicas para ligar, xogos de rol, baloncesto mixto, pachanga.