Escoitar

Caballero felicita aos responsables de Grandiant por ser capaz de "ligar as telecomunicacións a este gran territorio"

O alcalde de Vigo eloxiu a traxectoria do Centro Tecnolóxico das Telecomunicacións Gradiant no quinto aniversario da súa posta en marcha na cidade. Trátase, dixo, dun "traballo ben feito" que favorece o emprego e as novas tecnoloxías para reforzar a Vigo como cidade de presente e de futuro.

venres, 10 mai 2013
1368187382gradiant.JPG
O alcalde de Vigo achegouse hoxe venres ao edificio Citexvi para participar no 5º aniversario do Centro Tectolóxico de Telecomunicaciós Gradiant. Unha iniciativa exitosa, "mostra do traballo fen feito" que chama ao emprego, ás novas tecnoloxías, a facer ese Vigo que todos queremos, dixo o rexedor durante a súa intervención. Na súa opinión, esta aventura profesional foi capaz de ligar as telecomunicacións a este "gran" territorio para reforzar Vigo como cidade de presente e de futuro. Neste punto, estendeu o éxito á "gran" Universidade que ten Vigo, perfectamente conectada coa industria, con naval, cosas telecomunicacións...., en resumen, co tecido económico de Vigo e da súa área de influencia.
Descargar todas as imaxes