Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 9 mai 2013
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 10 DE MAIO DE 2013.


1.- Acta da sesión ordinaria e das dúas sesións extraordinarias e urxentes do 26 de abril de 2013.

BENESTAR SOCIAL
2.- Expediente de contratación do Servizo Sanitario Asistencial a persoas con problemas derivados do consumo de drogas. Expte. 1850/315.

CEMITERIOS
3.- Idemnización substitutiva por importe 16.875,24 € a favor de Servicios Auxiliares de Mantenimiento y Limpieza S.L. (SAMIL) pola limpeza, acondicionamento e mantemento dos cemiterios municipais-marzo 2013. Expte. 9879/255.

CONTRATACIÓN
4.- Clasificación de ofertas para a subministración de prendas especiais para o persoal da Policía Local, Bombeiros e servizos exteriores do Concello. Expte. 4277/241.

5.- Cesión de contrato de Escola Municipal de Música. Expte. 11739/332.

6.- Modificación do acordo da Xunta de Goberno Local de data 19.04.13 que declara deserto o programa "Sun Proyect". Expte. 8966/77.

7.- Aprobación do prego de cláusulas administrativas particulares para o alleamento de 140 colectores do servizo de limpeza e apertura de novo procedemento de licitación. Expte. 4372/241.

CULTURA, FESTAS E MUSEOS
8.- Dar conta dos expedientes de gasto menor tramitados polo Servizo da Área de Cultura, Festas e Museos no mes de abril. Expte. 244/330.

DEPORTES
9.- Proxecto de convenio entre o Concello de Vigo e a entidade deportiva Halcones de Vigo Beisbol Club en base ó desenvolvemento do Proxecto de actividade do seu equipo de élite, tempada 2012-2013. Expte. 12094/333.

10.- Solicitude da Delegación en Vigo da Federación Galega de Atletismo de autorización para organizar a "8ª Carreira Femenina correr e andar" o vindeiro 30 de xuño. Expte. 12099/333.
11.- Solicitude do Club Ciclista Coruxo de autorización para organizar o "IV Trofeo de Mini-BTT- Montes de Coruxo" o vindeiro 19 de maio. Expte. 12100/333.

12.- Solicitude do Comité de Vigo de UNICEF de autorización para organizar a "II Marcha Ciclista a beneficio de UNICEF" o vindeiro 19 de maio. Expte. 12126/333.

EMPREGO
13.- Base reguladoras e convocatoria para o ano 2013 do "Programa de Axudas Municipais á Contratación". Expte. 9627/77.

14.- Solicitude de subvención para a contratación do persoal técnico para a realización de actividades de información, orientación e prospección de emprego 2013. Expte. 9790/77.

15.- Solicitude de subvención do Programa Integrado para o Emprego VIGO INTEGRA. Expte. 9791/77.

16.- Expediente de contratación do Servizo de asesoramento, apoio á xestión, seguimento e avalización das actividades que se realicen no marco do "Proxecto 615 Imos Traballar2". Expte. 9502/77.

17.- Modificacións no convenio asinado entre o Concello de Vigo e as entidades APE, AJE, CCOO, CEP, CIG e UGT . Expte. 8675/77.

INTERVENCIÓN
18.- Proposta de aprobación de libramentos a xustificar. Expte. 102162/140.

LIMPEZA
19.- Revisión ordinaria de prezos do servizo de tratamento final dos residuos voluminosos (TOYSAL). Expte. 179/242.

MOBILIDADE E SEGURIDADE
20.- Indemnización substitutiva por importe de 27.135,68 € a favor de Interparking Hispania S.A. polos servizos de apoio á xestión do aparcamento sito no subsolo da Praza de Portugal (xaneiro 2013). Expte. 85388/210.

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
21.- Dar conta da relación de expedientes de gasto menor correspondentes aos meses de febreiro e marzo de 2013 tramitados no Servizo de Normalización Lingüística. Expte. 1630/334.

OSPIO
22.- Nomeamento da dirección facultativa da obra "Renovación das redes de abastecemento e saneamento na Avda. das Camelias, fase 1"- Tramo Álvaro Cunqueiro-Ourense". Expte. 2338/443.

23.- Plan de seguridade e saúde e Plan de Xestión de residuos da obra "Renovación das redes de abastecemento e saneamento na Avda. das Camelias, fase 1"- Tramo Álvaro Cunqueiro-Ourense". Expte. 2337/443.


PARTICIPACIÓN CIDADÁ
24.- Indemnizacións substitutiva por importe de 8.198,29€ a favor de IMESAPI S.A. pola prestación do Servizo de conserxería e atención ao público nos centros cívicos no mes de marzo 2013. 2819/321.


RECURSOS HUMANOS
25.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios do persoal municipal correspondente aos meses de novembro 2012, febreiro e marzo de 2013. Expte. 24062/220.

26.- Complemento de productividade por conducir vehículo municipal sen ser oficial do persoal dos distintos servizos correspondente ao primeiro trimestre 2013. Expte. 24031/220.

27.- Dar conta de resolucións do Concelleiro-delegado de Xestión Municipal:

a) Resolución de adscripción provisional da funcionaria Dª Rosa Teresa Vázquez Alvarez ao posto de oficial conserxe. Expte. 54/105.

b) Resolución deixando sen efecto reducción de xornada solicitada pola funcionaria Dª Angélica Rodríguez Bertomeu. Expte. 24063/220.

c) Resolución autorizando un permiso non retribuído ao funcionario D. Manuel Andrés Sabio Sanz. Expte. 24047/220.


TURISMO
28.- Proxecto de contrato entre o Concello de vigo e o Consorcio da Zona Franca de Vigo para o arrendamento do local nº 2 do edificio dotacional de Montero Ríos e Anexo de bonificación especial do contrato subscrito para o arrendamento dos locais nº 1 e 4 do edificio dotacional de Montero Ríos. Expte. 4754/104.

29.- Indemnización substitutiva por importe de 21.773,95 € a favor de Asociación Profesional de Empresarios Autónomos do Mercado do Progreso, polos servizos prestados en dito Mercado. Expte. 5454/551.

30.- Rogos e preguntas.


DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 10 de maio de 2013, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.

Vigo, 8 de maio de 2013.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Dª. Mª Jesús Lago Rey.