Escoitar

Caballero anima a encher As Travesas o venres para que o Celta Indoor acade os cuartos de final

O alcalde presentou este xoves o último encontro da fase regular da Liga de Fútbol Indoor, un RC Celta-Real Valladolid decisivo para as aspiracións locais de xogar os cuartos de final, contra o Real Madrid. O Celta precisa alomenos un punto contra o Valladolid, encontro que se xoga o venres, as 20:45 horas, con entradas a dous euros.

xoves, 9 mai 2013
1368100111indoor.JPG
Abel Caballero recordou que o Real Club Celta de Vigo se xoga este venres o seu pase aos cuartos de final da competición contra o Real Valladolid, xa clasificado, e precisa empatar ou gañar para medirse -o 24 de maio- ao Real Madrid.

O Celta, ata o momento con 3 puntos, debe sumar para non caer eliminado, pois de perder sería o Deportivo da Coruña -coa mesma puntuación que os celestes- o que acadaría o pase á seguinte ronda por ter gañado o enfrontamento directo entre os clubs galegos. Abel Caballero invitou a cidadanía a encher o pavillón das Travesas para impulsar ao Celta. As entradas véndense a dous euros.

A rolda de prensa contou coa participación de Abel Caballero, o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, Marcos Álvarez da organizadora Diesemm, o vicepresidente José Fernando Rodilla, o adestrador Moncho Carnero e o xogador Everton Giovanella.

Como todos os anos, e coincidindo con cada partido da Liga Fertiberia, se celebrará a competición infantil Whopper League. A tarde do 10 de abril, os equipos Coruxo, Balaidos, Santa Mariña e Oliveira, formadas por nenos, e nenas de entre 12 e 14 anos, disputarán unha competición a xeito de liguilla.

Venda de entradas
As entradas para o encontro teñen un prezo de 2 euros e están á venda na Tenda do Celta, en Futgol (Lopez de Neira 8), nas Tendas Frutas Sol de Vigo, na Federación de Peñas do Celta, en Diesemm (Gran Vía 13) e nas taquillas o día do partido.
Descargar todas as imaxes