Escoitar
B A N D O

SUSPENSIÓN DA EXPEDICIÓN DE PERMISOS DE QUEIMAS

Co inicio da campaña de verán , época de máximo perigo de lumes, faise necesario extremar as medidas de prevención destes.Durante este período, que vai do 1 de xuño ata o 30 de setembro, non se poderá realizar ningunha queima de calquera tipo, dentro da zona urbana do termo municipal de Vigo.<br />

venres, 10 mai 2013
Ca finalidade de minimizar ao máximo os efectos socioeconómicos e ecolóxicos dos lumes, suspenderase con carácter xeral, dende o 1 de xuño ata o 30 de setembro, a admisión de solicitudes de queimas de produtos do campo (herbas, restrollos, etc...) no Rexistro Xeral (xa sexa presencial ou a través da páxina web do Concello)