O alcalde chama a cidadanía ao consumo responsable de auga para evitar posibles problemas de abastecemento
O alcalde de Vigo, Lois Castrillo, realizou un chamamento aos veciños de Vigo e a súa área metropolitana para facer un consumo responsable de auga, debido á escaseza de chuvias e á consecuente reducción do nivel de auga embalsada nos encoros de Zamáns e das Eiras. ”No mes de outubro, se segue sen chover e non se toman medidas de racionalización de auga, a situación dos encoros vai ser grave”, sinalou Castrillo.
O encoro de Zamáns encóntrase, nestes momentos, nun 43% da súa capacidade e o das Eiras nun 68%. O alcalde explicou que se se mantén en setembro a escasa pluviometría deste verán e o actual consumo, se chegaría ó mes de outubro cun 16% de capacidade no encoro de Zamáns.
O Concello restrinxirá, no máximo posible, o consumo de auga no ámbito público tanto no baldeo de rúas como no rego de parques e xardíns e noutros usos. Castrillo afirmou que ”tódolos cidadáns deben concienciarse de que o uso da auga debe ser para o imprescindible e, nestes momentos, non nos podemos permitir un sobreconsumo, polo que se fai un chamamento á responsabilidade”.
Castrillo envioulles un escrito ós alcaldes dos concellos limítrofes que se abastecen tamén dos encoros de Zamáns e das Eiras para que estendan o chamamento de uso responsable da auga. Soutomaior, Redondela, Nigrán, Cangas e Moaña tamén poderían verse afectados senón se toman medidas de consumo restrictivas.
A pesar da reducción do volume dos encoros, a auga mantén a súa calidade gracias á instalación, hai dous anos, dun sistema que permite tomala no seu nivel máximo.
Volume embalsado en agosto na presa de Zamáns
ANO 2000.....75%
ANO 2001....71%
ANO 2002....43%
Volume embalsado en agosto na presa das Eiras
ANO 2000.... 81%
ANO 2001.... 86%
ANO 2002.... 68%
Descargar todas as imaxes