Aprobada unha moción contraria á suba de prezo proposta por Sogama para o tratamento do lixo
A Corporación municipal aprobou, por unanimidade, unha moción na que o Concello de Vigo se opón ao incremento do canon que os municipios deben pagar a Sogama pola retirada e o tratamento dos residuos sólidos urbanos. A Corporación municipal acordou dirixirse á Consellería de Economía e Facenda para solicitar a realización dun control financeiro dos custos de tratamento e eliminación de residuos aplicados por Sogama. Asemade, o Concello instará ás consellerías de Economía e Facenda e de Medio Ambiente a negociar coa Fegamp sobre o canon a aplicar, así como os incrementos do mesmo nos vindeiros cinco anos.
Acordouse tamén, cos votos en contra do grupo popular, solicitar a avaliación e revisión en profundidade do plano Sogama por parte dunha comisión integrada por representantes do Parlamento, do Goberno galego, de Sogama e dos concellos implicados. Ademais, solicitarase da Xunta de Galicia o apoio a aqueles planos para o tratamento do lixo, alternativos ó de Sogama, que se presenten desde os concellos galegos.
Rúa Londres
Con motivo do terceiro centenario da Batalla de Rande, aprobouse por aclamación unha proposta realizada por vontade de tódolos grupos políticos sobre o nomeamento dunha rúa lateral do Museo de Arte Contemporánea, entre as rúas Príncipe e Progreso, como rúa Londres. A intención da Corporación municipal de porlle este nome foille comunicada ás autoridades británicas.
Descargar todas as imaxes