Principia a Semana da Banda Deseñada na Casa da Xuventude
A Semana da Banda Deseñada ofrece na Casa da Xuventude tres exposicións, a exhibición de catro películas de video, unha bedeteca, un obradoiro e un concurso entre as actividades programadas.
As exposicións están integradas polos orixinais dos premios e accésit do II Certame Galego de Imaxe Artística-Banda Deseñada promovido polas Direccións Xerais de Xuventude e de Promoción Cultural, polos paneis dos cómics didácticos ”¿De quen é a auga?” e ” Vivir no solo” e pola Xeración ”BD Banda”, onde se lle pode botar unha ollada ós máis destacados autores de banda deseñada actual. Estas mostras terán lugar na sala de exposicións en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00.
Nesta mesma sala heberá unha bedeteca composta por comics dos máis diversos estilos. O xoves 5 de setembro a partir das 18:00, coa colaboración da revista Golfiños, estarán os debuxantes que participan nela como: Norberto Fernández, autor de ”O Castelo Regadeiro”: Jacobo Fernández, autor de ”Os amigos de Archinboldo Roque”: David Rubín, autor de ”Persy y Marionetti”: Andrés Meixide, autor de ”Thom”. Todos eles están dispostos a adicarlle ós asistentes un debuxo orixinal.
Para completar a semana haberá proxeccións de películas de video infantís e xuvenís. O luns 2 de setembro proxectarase ”Os vixiantes do Camiño”, o martes ”Marco Antonio, rescate en Hong Kong”, o mércores ”Mi vecino Totoro” e o xoves ”Dick Tracy”, todas elas ás 18:00 horas na Casa da Xuventude.
E para rematar a Semana da Banda Deseñada, celebrarase un obradoiro, dirixido a mozos e mozas de 15 a 30 anos que será o sábado 7 de setembro de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00. Para participar neste obradoiro de carácter gratuíto será necesario inscribirse na Casa da Xuventude. As prazas están limitadas a 25 participantes.
Así mesmo, e como colofón final, os participantes nas actividades da semana poderán tomar parte no ”Concurso BD”, atendendo ás bases e regulamentos que poderán ser consultados na Revista da Semana ou na páxina web www.semanadabd.com
Descargar todas as imaxes