O Concello crea 32.000 m2 de solo industrial en Bembrive
A Corporación municipal aprobou hoxe en Pleno o Plan Parcial SUP Baruxáns, que supón a creación na parroquia de Bembrive de 32.000 m2 destinados a uso industrial. O Plan foi promovido pola iniciativa particular dunha comisión de propietarios da zona.
A superficie da actuación é de 120.571 m2 dos que 8.855 m2 son propiedade do Ministerio de Fomento e se corresponden co viario actualmente existente. Os 111.716 m2 restantes conforman a superficie do ámbito a efectos de valoración.
As áreas industriais divídense en catro bandas que decorren en paralelo coa autovía Vigo-O Porriño e ocupan 32.046 m2, repartidos en 54 parcelas que se precisarán nos proxectos de compensación. Estas parcelas estarán rodeadas por zonas verdes, para as que se reservan un total de 15.138 m2, o 12,5% de todo o ámbito.
Ademais do uso industrial, prevense pequenas zonas residenciais e dotacionais nos bordes a fin de producir a súa integración cos núcleos rurais colindantes de Xeme e Eifonso. A zona residencial ocupa 15.378 m2 divididos en cinco áreas. En total, configúranse 43 parcelas das que 39 permitirán a construcción de vivendas adosadas en parcelas de 290 m2.
O Plan Parcial inclúe tamén reservas de espacio para usos deportivos, sociais e comerciais. Concretamente, 2.712 m2 destínanse a usos deportivos, 1.922 m2 de solo adicaranse a dotacións públicas de carácter social, 1.344 m2 resérvanse para solo comercial privado e, finalmente, prevense 1.131 prazas de aparcamento.