As beneficiarias do proxecto ”Asiste” realizarán prácticas de atención á terceira iddade
O concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego, Delfín Fernández Álvarez, asinou a pasada semana cinco convenios de colaboración con diferentes empresas e entidades do sector da atención a persoas maiores, onde as primeiras trinta mulleres desempregadas que se forman nesa especialidade no Proxecto “Asiste” realizarán as súas prácticas profesionais a partir do vindeiro mes de setembro.
As entidades colaboradoras neste proxecto europeo, promovido pola Concellería de Desenvolvemento Local e Emprego, son a residencia Alvi-Beade, a residencia Moledo, a Cruz Vermella, Anidrom cooperativa e a residencia La Palmera IV.
As prácticas desenvolveranse ata o mes de febreiro, cunha duración total de trescentas horas, e as alumnas terán unha titora que as apoiará tecnicamente, controlará o nivel de asistencia e avaliará o desenvolvemento das prácticas. Durante ese tempo estas mulleres desempregadas, que se forman na especialidade de atención á terceira idade, porán en práctica tódolos coñecementos teóricos aprendidos na fase de formación.
O proxecto “Asiste”, dependente da Concellería de Desenvolvemento Local e Emprego e subvencionado polo Fondo Social Europeo con 879.994 €, comezou a súa andadura no pasado mes de abril cun dobre obxectivo, por un lado capacitar profesionalmente a mulleres desempregadas, e por outro potencia-lo sector de atención domiciliaria á terceira idade e á infancia. As beneficiarias son un total de cento setenta mulleres maiores de 45 e menores de 25 anos, cunha formación académica baixa e cunha antigüidade no desemprego de máis dun ano: axeitándose así ó perfil delimitado pola chamada convocatoria europea “Subvención Global”, na que se enmarca este programa de emprego.