Benestar Social establece o servicio de teleasistencia domiciliaria
O Concello de Vigo e a Cruz Vermella determinaron un convenio de colaboración para a implantación dun servicio de teleasistencia domiciliaria na cidade. O servicio está dirixido ás persoas que pola súa idade, discapacidade, illamento social e alto nivel de dependencia de terceiros o necesiten para poder continuar vivindo no seu propio domicilio.
A concelleira de Benestar Social, Belén Sío, manifestou hoxe na transcurso da presentación do servicio, que este recurso permite a atención ó usuario dunha maneira rápida e eficaz evitando internamentos innecesarios e posibilitando a integración no medio habitual de vida.
A teleasistencia domiciliaria é un servicio de atención telefónica ininterrompida no que o usuario ten que pulsar un dispositivo ante calquera situación de emerxencia para entrar en contacto verbal cunha central desde a que se atende a súa demanda mediante un sistema de comunicación e informática específicos. No domicilio do usuario instalase unha terminal telefónica que leva un radio-enlace en forma de medallón ou pulseira, que se debe ter sempre a mao, que ó ser activado entra en comunicación de forma inmediata.
Recibida a chamada pola central e transmitida a un ordenador que contén tódolos datos do usuario o operador mobiliza os recursos idóneos nas distintas situacións.
Para o desenvolvemento do servicio, Cruz Vermella comprométese a instalar ata un máximo de 75 terminais no domicilio dos usuarios designados para tal fin polo Concello a través dos servicios sociais de atención primaria.
O servicio de teleasistencia poderán solicitalo persoas con 65 anos ou máis que estean en situación de alto risco e vivan ou permanezan gran parte do día en soidade, ou convivan con outras persoas en situación similar: non padezan enfermidade mental: teñan cubertas as necesidades básicas de vivenda, alimentación e hixiene persoal e dispoñan de liña telefónica no seu domicilio.