O Departamento de Educación Ambiental de Vigozoo organizou no verán visitas guiadas para rapaces
Vigozoo ofertou unha actividade destinada a mostrar o zoolóxico a nenos e nenas dun modo participativo e lúdico. Esta actividade, denominada “Un día no zoo” amosaba tódalas aquelas instalacións que os nenos e nenas nunca puideran ver nas súas visitas anteriores, fomentando a súa colaboración nas actividades propias dun zoolóxico, tales como a alimentación e o coidado dos animais.
Os nenos tiveron a oportunidade de acompañar e participar nas actividades dos coidadores, coñecer mais de preto e manipular por eles mesmos réptiles na sala “Toca-toca, non toques”, iniciarse no descubrimento do universo na sala adicada a astronomía, visitando o planetario e a exposición anexa. Tamén se levaron a cabo xogos de cooperación destinados a fomentar o espírito de traballo en equipo. Os participantes foron nenos e nenas de entre 8 e 12 anos de idade, que estiveron acompañados en todo momento dunha monitora especializada.
Esta actividade xurdiu como parte da nova filosofía que os zoolóxicos de todo o mundo, e Vigozoo entre eles, están a desenvolver cara a unha maior adecuación das súas funcións ás novas inquedanzas da sociedade moderna. Os zoolóxicos deixaron de ser meras exposicións de animais para convertérense en centros de conservación, educación e investigación, cumplindo así coa finalidade que a sociedade demanda deles. Vigozoo adoptou dende hai tempo esta nova filosofía, desenvolvendo unha serie de actividades educativas destinadas a fomentar o coñecemento e o respecto ao noso medio ambiente e o espírito crítico nos nenos e nenas que o visitan.
A posta en funcionamento do Departamento de Educación Ambiental de Vigozoo o pasado ano, gracias ó convenio da Concellería de Medio Ambiente coa Facultade de Ciencias da Universidade de Vigo, iniciou unha nova xeira na variedade de ofertas que Vigozoo ten. Ata o momento, desenvolvéronse actividades destinadas a grupos escolares durante o curso, continuándose no programa “Un día no zoo” durante o verán. Esta oferta de actividades irá en aumento nos vindeiros meses, co desenvolvemento de novos programas e as novas instalacións que se están a construír en Vigozoo.
CONTACTO