O goberno local protexerá o entorno urbano e as edificacións das colonias históricas do Castro
Abel Caballero informou hoxe venres do inicio da redacción e tramitación dos Plans Especiais de Protección das Colonias Históricas do Couto e de "La Soledad", no Castro, co obxecto de preservar a integridade dos conxuntos históricos, a súa arquitectura e paisaxe.
Os planeamentos iniciados tras a celebración da Xerencia de Urbanismo deste venres prevén protexer o medioambiente urbano, edificacións inclúidas, para o fomento da rehabilitación e mellora dos elementos máis característicos da arquitectura e a paisaxe.
Os Plans que redactará o Concello, a través de Urbanismo, regularán as condicións específicas para as novas construccións, ampliacións e intervencións para preservar a integridade do conxunto, facendo posible aos propietarios mellorar as condicións das súas vivendas.
Abel Caballero explicou que a norma afecta ás colonias históricas do Couto e de "La Soledad", do Castro a Praza de España no primeiro caso -con vivendas da década dos vinte- e do Castro á igrexa La Soledad no segundo -promoción das décadas dos 60 e 70-. "Temos un empeño especial no Castro", indicou o alcalde.