Semana Grande das Festas de Verán
A Semana Grande das Festas de Verán comezará o sábado 4 de agosto ás 12 horas na praza da Constitución coa lectura do pregón a cargo de Antón Reixa e cun espectáculo de animación da rúa.
A programación do sábado centrase no Festival Folclórico Internacional coa exhibición do grupo "LOS CASTELLERS DE TERRASA" ás 19:30 horas na Porta do Sol e ás 21:00 horas na Explanada fronte ao auditorio "Mar de Vigo". O acto central coa actuación de todolos grupos será ás 21:30 horas no Auditorio "Mar de Vigo" con entrada libre ata completar aforo. Pola mañá haberá animación de rúas ás 12:00 horas nos seguientes espazos: peonil do Calvario: KÄMUK- Costa Rica;rúa Príncipe: SUVENIR- Moscú; praza da Constitución ás 13:99 horas: Coros y Danzas VIRGEN DE
FÁTIMA- Murcia.
Domingo
Procesión do Cristo da Victoria
O Festival Folclórico Internacional continúa este domingo con varias actuacións
A saída en procesión do Cristo da Victoria é a gran cita relixiosa do ano para a cidade viguesa. Unha marea de fieis acompañaran ao Cristo dende a saída da Concatedral. Os grupos internacionais do Festival Folclórico actuarán hoxe de novo. O ciclo de concertos Un Mar de Bandas, no seu segundo día, completa a oferta cultural dentro do programa de Festas do Verán.
O Santísimo Cristo da Victoria, unha santidade especial e emblemática para a cidade, sae hoxe dende a Concatedral (19.30 h) para percorrer as rúas da cidade xunto a tódolos devotos. O percorrido da procesión comenzará, despois da saída da Concatedral, na rúa Real e continuará polo Berbés, Cánovas del Castillo, Montero Ríos, Concepción Arenal, Colón, Policarpo Sanz, Porta do Sol, Praza da Constitución e Triunfo.
Doutra banda, o domingo contará coas actuacións dos grupos folclóricos que participarán durante toda a semana no Festival Internacional. O grupo Kämuk, que xa puidemos presenciar en Vigo o venres e o sábado, volven a aparecer en escena ás 12 h, na zona da Praza América, levando a cabo o seu espectáculo na rúa. Os moscovitas Suvenir actuarán ás 21.30 h. no Auditorio da Asociación Veciñal de San Miguel de Oia, e xunto a eles estarán os coros e danzas Virxen de Fátima, un conxunto de mozos que achegarán estes días a Vigo todo o folclore da Rexión de Murcia que tan ben representan.
O ciclo de concertos Un Mar de Bandas, inaugurado onte na Praza da Princesa, ofrece hoxe no mesmo lugar e ás 12.30 h., a actuación da Lira de San Miguel de Oia.
Luns
A programación infantil das Festas de Verán arranca cunha ampla oferta para os máis pequenos
Alavín Alaván ou o Payaso Popín farán as delicias dos cativos
A semana que comeza hoxe terá diferentes actividades infantís: "Alavín Alaván", Popín Animación e Os Monicreques na rúa Londres serán os encargados de entreter aos nenos e nenas de Vigo. O grupo folclórico ruso continua as súas actuacións este luns, ao igual que Kämuk e os coros e danzas Virxe de Fátima. A Praza da Princesa acollerá outro concerto do "Mar de Bandas".
A programación infantil das Festas de Verán do Concello de Vigo ten hoxe a súa inauguración, será unha semana intensa con diversas actividades que ocuparán as tardes dos nenos vigueses, pero que tamén atraerán a atención dos máis maiores. Do 6 ao 11 de agosto están programadas actuacións diarias de "Alavín Alaván, Unha viaxe chea de aventura", un proxecto lúdico pola historia da cidade que iniciase hoxe as 18h.
Os Monicreques da rúa Londres traerán tamén diariamente, ás 20 h na rúa Londres e dende hoxe ata o vindeiro sábado, as animacións infantís con diversos espectáculos protagonizados por monicreques e actores. Este serán, os Monicreques de Kukas, un conxunto galego, interpretarán "Andainas dun Monicreque".
O terceiro e último protagonista deste tríptico de actuacións para os pequenos é o Payaso Popín, personaxe especialista en risas como el mesmo se define, ao que o actor Adolfo Maguna da vida. O seu espectáculo asegura diversión para tódolos públicos e terá lugar la Alameda de Bouzas, tanto hoxe como mañá, ás 18.30 h.
O resto de programación cultural de Festas de Verán para este luns consta principalmente dos grupos pertencentes ao Festival Folclórico Internacional, que actuarán no Torreiro da Igrexa en San Andrés de Comesaña (Kämuk e Coros y Danzas Virgen de Fátima) e na Praza da Independencia (Suvenir). O espectáculo que se desenvolverá na parroquia viguesa será ás 21.30 h e a aparición dos moscovitas Suvenir no centro urbano ás 12 h.
A última proposta do Concello de Vigo para este día 6 será un máis do concertos correspondentes ao "Mar de Bandas", que achegará desta volta, ás 20 h na Praza da Princesa, As Delicias do Caeiro.
Descargar todas as imaxes