Escoitar

Máis de 2.500 nenos e nenas disfrutan dos campamentos de verán do Concello

O alcalde de Vigo achegouse hoxe venres ao Centro Cívico de Teis para coñecer de cerca as actividades que desenvolven os 30 rapaces que durante este mes de agosto participan nun obradoiro de verán. En total, dixo o rexedor, son máis de 2.500 nenos e nenas os que disfrutan de campamentos organizados desde o Concello.

venres, 3 ago 2012
1343994973ludoteca.jpg
Os trinta rapaces que durante o mes de agosto participan no obradoiro que se organiza no Centro Cívico de Teis recibiron esta mañá a visita do rexedor quen se intesou polas actividades que desenvolven os participantes, con idades comprendidas entre os 3 e os 13 anos. Este campamento gratuito organízase nos catro centros cívicos municipais: Saiáns, Teis, Casco Vello e Coruxo, polo que a cifra de participantes ascende a 120.

Durante a visita, Caballero lembrou que o Concello organiza desde distintas concellerías campamentos de verán dos que se benefician máis de 2.500 nenos de xeito gratuito ou con prezos moi baixos.
Descargar todas as imaxes