Concello e Casco Vello sacan o comercio á rúa cada sábado de agosto e setembro
O alcalde, Abel Caballero, rubricou este venres un convenio coa Asociación de Comerciantes e Hosteleiros Vigo Vello e a Sociedade Galega para a Difusión e Conservación do Patrimonio para organizar mercadillos nas rúas do casco histórico vigués, cada sábado de agosto e setembro. O obxectivo, dixo, é atraer comercio, actividade ao Casco Vello e avanzou que esta iniciativa podería estenderse á zona de Travesas e Teis coa vocación de fomentar a recuperación do comercio.
Segundo o acordo asinado hoxe venres, o Concello autoriza a ocupación da vía pública para a instalación de 48 postos polo Casco Vello vigués, mentres que as entidades comprométense á devolución dos mesmos en perfecto estado e a deixar as rúas en perfecto estado de limpeza. A iniciativa, que contará con animación cultural e musical, ten por obxectivo atraer comercio e actividade para que a vida de Vigo se desenvolva cada vez máis nos cascos históricos como o Casco Vello e Bouzas. Na súa comparencia avanzou que a pretensión do Goberno municipal é estender esta experiencia de sacar o comercio á rúa en zonas como As Travesas ou Teis coa vocación de fomentar a recuperación do comercio local, un sector moi afectado pola crise económica.
Descargar todas as imaxes